domingo, 28 de junio de 2020

equiPo de iGualdadE

 

Este curso o Equipo de Igualdade dirixido pola Orientadora do cole, Silvia, realizou un moi interesante proxecto en colaboración co Concello, a Deputación de Pontevedra e Anias: un obradoiro de curtas sobre igualdade e violencia de xénero en Galego.
A verdade é que traballaron a reo e aprenderon moitísimo de planos, son, técnicas, e sobre todo igualdade.

Aquí tedes os links ás entradas no blog de Portalingua coas curtametraxes!!!:

"Es muller e sénteste sobrecargada? Sentes que a mochila con pedras se vai enchendo paulatinamente? Ves aquí a todas as mulleres que coñeces? A carga invisible pero pesada que temos por nacer mulleres".


"Que pensamos ante unha conversa aparentemente normal? O que din mulleres e homes está estereotipado? Depende quen fale imaxinamos un tema ou outro?

As diferenzas sociais acentúanse por cuestións de xénero? Ao final xogamos todas e todos o mesmo partido?"


"As profesións teñen xénero? É casualidade que haxa profesións con máis presenza de mulleres e outras de homes? Porque hai máis profesorado de danza muller? Porque hai máis enxeñeiros home? Con estes interrogantes o noso alumnado cuestionaba a realidade. Dende os xoguetes que nos regalan na máis tenra infancia ata a elección da profesión imos construíndo un sistema de estereotipos que nos condicionan nas nosas eleccións." 


jueves, 25 de junio de 2020

Mediametraxe sobre «Harry Potter»

Como xa anunciaramos anteriormente, Zaira Ruibal Rivas e Simón Seijo García, alumnos de 2º de ESO, prometían continuar abraiándonos co seu talento para a cinematografía que xa demostraran coa curta «El auga deshidrata», realizada como tarefa da materia de Lingua Castelá e Literatura. O que non podiamos de ningunha maneira enxergar era que esta segunda entrega sería a dunha mediametraxe de 45 minutos sobre o universo de Harry Potter, creado pola escritora J. K. Rowling
Segundo eles mesmos confesan, os libros desta saga resultáronlles de vital importancia durante o periodo de confinamento. Como teredes ocasión de comprobar, non só son uns auténticos expertos na materia da que falan, senón que tamén dominan á perfección a linguaxe audiovisual. Gustaríanos salientar a asombrosa capacidade que demostran Simón e Zaira para mesturar o rigor expositivo e documental coa ficción e a orixinalidade interpretativa. Confiamos en que non abandonen endexamais esta paixón pola séptima arte e que sigan facéndonos partícipes de marabillosos traballos como o que aquí presentamos. 
Unha vez máis, moitísimas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
 



N.B. Por mor de cuestións técnicas, a versión da mediametraxe que presentamos aquí non ten toda a calidade de imaxe que desexariamos. Agardamos que non sexa un impedimento para o desfrute da mesma.

lunes, 22 de junio de 2020

Poemos e persoas




Tal e como avanzaramos nunha entrada anterior, os alumnos de Lingua Castelá e Literatura de 1º e 2º da ESO estiveron traballando a partir de dous poemas de Jesús Lizano, que empregaron como modelos para as súas propias creacións. Mentres algúns falaban sobre o tipo de persoas lles gustan (e disgustan), outros lanzáronse a escribir os seus propios «poemos», como este do noso xa coñecido poeta e mamífero:

Na seguinte presentación podedes atopar os poemas e poemos dos nosos talentosos alumnos:





Last but not least, Natalia Caamaño Arzúa (1º ESO A2), animouse a facer un fermoso videopoema:





domingo, 21 de junio de 2020

OuLiPo



Na materia de Lingua Castelá e Literatura improvisamos un obradoiro de literatura potencial a imitación do grupo de experimentación literaria OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle) que fundaran o escritor Raymond Queneau e o matemático François Le Lionnais no ano 1960 e que, a través de xogos lóxicos, problemas matemáticos e constricións, perseguía crear obras diferentes e orixinais. 
Propuxémoslles aos nosos alumnos dúas tarefas diferentes. A primeira delas era unha bóla de neve de lonxitude n, que é un poema cuxo primeiro verso está formado por unha palabra dunha única letra, o segundo dunha palabra con dúas letras, etc., ata o n-ésimo, que consta dun verso con n letras. Neste caso tratábase de facer unha bóla de neve de lonxitude 10, aínda que algún dos nosos autores optou por facer algunha variación máis complicada.
Podedes atopar os resultados na seguinte presentación (lembrade premer no botón de pausa para ler con atención os textos):





A segunda das tarefas estaba pensada como unha homenaxe ao novelista francés Georges Perec (1936-1982), concretamente á súa novela La disparition (1969), na que ao longo das súas trescentas páxinas non aparecía a letra E, a máis frecuente no francés. A novela foi traducida ao castelán como El secuestro, e nesa versión omitiuse o A, a letra máis empregada neste idioma.

Georges Perec


Así pois, os nosos alumnos escribiron un lipograma, isto é, un texto no que se omite sistematicamente algunha letra do alfabeto, neste caso o A. Nestoutra presentación podedes ver os curiosos e simpáticos resultados:



sábado, 20 de junio de 2020

díA muNdial doS refuxiadoS


O 20 de Xuño celebramos o Día Mundial dos Refuxiados

Para sumarnos a esta conmemoración e, a modo de reivindicación, lembramos unha exposición que fixemos na Biblio hai uns anos, cando o tema do noso PLAMBE era a Historia:


Nela amosabamos algunhas das fotografías máis icónicas da nosa diáspora: de Manuel Ferrol, Estudio Blanco, Alberto Martí... así como datos e novas recollidas dos xornais da época.

Estas imaxes que conxelan o sangue, a verdade é que non difieren moito das que hoxe en día vemos na tele das persoas que sofren a perenne Guerra de Siria, as dos migrantes que recorren a pé toda Centroamérica ou do campo de refuxiados de Zaatari, o máis grande do mundo, con cerca de 150.000 habitantes.


Engadimos agora dous artigos moi interesantes sobre fotos de refuxiados españois tras a Guerra Civil:

Ademais queremos poñer aquí a ligazón a unha fermosa inciativa de ACNUR (a Axencia da ONU para os refuxiados) para celebrar este día.

"Dejé de contar miserias y empecé a contar futuros
fui un náufrago de un pueblo en apuros, sin armas ni escudos
el tiempo sin fe, nada más duro que marchar desnudo
agarrar mi tristeza y romper sus nudos
los muros de mi alma son polvo, los convierto en pólvora
así combato contra tu mirada incómoda"...
Esperamos que vos guste e lembrade o himno da celebración deste ano: "Todo o mundo pode marcar a diferencia. Toda acción conta".

viernes, 19 de junio de 2020

paSaMenTo do eScriTor caRloS ruiZ zaFóN

Cada libro, cada tomo que ves, tiene alma. El alma de quien escribió, y el alma de quienes lo leyeron y vivieron y soñaron con él". 
La Sombra del Viento. @ZafonOficial


Hoxe faleceu o escritor Carlos Ruiz Zafón, autor das marabillosas "La Sombra del Viento" e "El Cementerio de los Libros Olvidados", entre outras.

En canto a "nova realidade" nolo permita... visita a nosa Biblio para atopalos!

miércoles, 17 de junio de 2020

Medo e outros animais


Paula Rego - Good Dog


Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que se atrevesen a exorcizar os seus medos e temores. Que mellor xeito hai de facelo que escribindo poesía? Para iso, seguiron o modelo do poema «Fear», do escritor estadounidense Raymond Carver, e que souberon adaptar ás súas necesidades individuais.
Algúns deles, porén, preferiron indagar noutros sentimentos ou emocións diferentes, como a ledicia, a tenrura, o afecto... e mesmo nos soños. Algunha rapaza contribuíu tamén cun poema un chisco diferente...
Na seguinte presentación podedes atopar un bo feixe de fermosos textos (tedes a opción de poñela en pausa para lelos co detemento que requiren e merecen). Moitas grazas e parabéns a todos!
 

GuíaS dE lecTuRa caRa ao veRáN


A Asesoría de Bibliotecas ven de crear un apartado para recoller as distintas Recomendacións de Lectura para o Verán que van propoñendo as Biblotecas Escolares...
Bótadelle unha ollada á ligazón!

lunes, 15 de junio de 2020

Poesía visual



Na materia de Lingua Castelá e Literatura prupoxémoslles aos nosos alumnos que se achegaran ao fascinante mundo da poesía visual a través dunha escolma de obras de Nicanor Parra, Joan Brossa, Chema Madoz, Guillaume Apollinaire, etc. A continuación eles debían ben facer as súas propias obras seguindo eses modelos, ben compoñer un poema a partir dalgunha das imaxes propostas.
Velaquí tedes os estupendos e suxestivos resultados. Moitas grazas e parabéns a todos!



viernes, 12 de junio de 2020

«Las personas curvas»

Jesús Lizano (1931-2015)
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos de 2º da ESO que leran (e escoitaran) o poema «Las personas curvas», do heterodoxo e xenial mamífero, poeta e pensador Jesús Lizano, cuxo quinto cabodano se cumpriu hai uns días.
A continuación suxerímoslles que compuxesen un poema persoal que seguise o de Lizano como modelo. Porén, Zaira Ruibal Rivas, de 2º ESO A, animouse a facer un emotivo recitado, que agora compartimos con todos vós.
Deixámosvos aquí este saboroso petisco mentres agardamos polos traballos dos seus compañeiros:

Moitas grazas e parabéns, Zaira!