Mostrando entradas con la etiqueta Sostenibilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sostenibilidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de mayo de 2023

a noSa hoRtA


Este curso aumentamos o noso proxecto sobre ecoloxía e sostenibilidade engadindo unha horta ao noso invernadoiro.

Os alumnos de 2º da profe Jessica aproveitaron a ocasión para ler en grupo o libro "O Gran Libro da Nosa Horta" e aprender moitísimos trucos interesantes para plantar en Primavera!

viernes, 5 de junio de 2020

díA muNdiAl do mEdiO aMbiEnTe

Hoxe, 5 de Xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este curso, o tema do noso PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) foi "Un Mundo Sostible".
Por mor do confinamento non puidemos facer todas as actividades sobre reciclaxe, sostenibilidade e coidado do medio ambiente que tiñamos previstas... Porén, a nosa idea sempre foi implementar estas iniciativas no centro para que representasen un cambio nas nosas dinámicas diarias, polo que nos próximos cursos retomaremos e/ou reformularemos moitos destes proxectos.
Aquí os deixamos algunhas ligazóns a temas de actualidade:
"Coronavirus y cambio climático"
"Los océanos ya están sufriendo los estragos de la COVID"
Mensaxe do secretario Xeral da ONU
FELIZ DÍA A TODOS!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

Mellor reparar que tirar: SOSTENIBILIDADE

Mellor reparar que tirar

Ponse en marcha unha nova páxina web galega que quere ser un referente de sustentabilidade e economía circular: unha fronte informativa e activa contra a cultura de usar e desbotar materiais e produtos que impón unha parte da sociedade de consumo.

Mellor reparar que tirar, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente para “impulsar a colaboración entre as entidades locais e os axentes económicos e sociais para intercambiar coñecementos e contribuír a reparación e reutilización de materiais”.

http://www.mellorrepararquetirar.gal/

miércoles, 15 de abril de 2020

tiPS to BE EcO -FRieNDLy

O Departamento de Inglés colabora unha vez máis co noso proxecto do PLAMBE "Un Mundo Sostible" dándonos uns interesantes consellos para ser máis ecolóxicos e axudarnos a aforrar recursos.
Tomade nota!

O primeiro vídeo vai sobre a rutina nocturna ecolóxica (Miriam e Blanca)


O segundo vai sobre rebaixar os desperdicios de comida (Lorena e Nayara)


E o terceiro sobre a reducción no uso do papel e a súa reciclaxe (Sergio, Dani e Juan)

jueves, 26 de marzo de 2020

ENvIRoNmENTaL rAP

Os estudiantes de 3º da ESO redactaron e cantaron uns marabillosos raps sobre temas ambientais na materia de Inglés coa profe Susana...
A verdade é que foron realmente valientes e creativos... escoítaos en youtube!!



miércoles, 25 de marzo de 2020

NaTuRaL PaRkS IN SPaiN

O alumnado de 4º ESO realizou estes interesantes vídeos para a materia de Inglés, amosando algunhas das paisaxes fermosisimas e entornos naturais sorprendentes que podemos gozar no noso país.
Bótalle unha ollada e reláxate!!!

jueves, 20 de febrero de 2020

miércoles, 19 de febrero de 2020

lunes, 17 de febrero de 2020

enTroiDo 2020: idEas rEciClaXe

Na web do cole puxemos unha chea de imaxes para darnos ideas para argallar os nosos traxes de Entroido... todos feitos con material de refugallo!!

DISFRACES
VESTIDOS
COMPLEMENTOS
MÁSCARAS AFRICANAS

lunes, 10 de febrero de 2020

oS boLechAs aXudÁnNoS a reCiClaR

Chegou ao noso cole unha fermosa sorpresa en forma de libros dos Bolechas para repartir entre o noso alumnado de primaria.
Imos repartilos na celebración do Día do Libro 2020.
Axudarannos a aprender sobre aspectos básicos da reciclaxe con títulos coma:
"Qué se bota no contenedor amarelo?"
"Cómo producir menos lixo"
"Qué se fai co lixo que chega a Sogama"


jueves, 30 de enero de 2020

dÍa da paZ 2020/3


A profe María, do Departamento de Galego, deseñou cos seus alumnos este mural sobre a paz con materiais de refugallo...
Os rapaces compuxeron uns inxeniosos ACRÓSTICOS pola Paz... Eperamos que vos encante!

dÍa da paZ 2020/2

Os profes Vicente e Patri, do 1º Ciclo de Primaria fixeron cos seus marabillos alumnos esta pomba da Paz con tapóns reciclados.
Quedou realmente preciosa!
Ademais as profes de Infantil, Eva, Yolanda e Flora, fixeron cos máis pequenos do cole estes símblos da paz multicores con material de refugallo para facerlle este bonito marco!:

díA dA pAz 2020/1

Toda Primaria, coa colaboración das familias, participou na proposta do Equipo da Biblioteca par deseñar cadanseu símbolo da Paz con material de refugallo.
Houbo ideas realmente chulas!!
Aquí deixamos algunhas das creacións:

miércoles, 22 de enero de 2020

charLa soGaMa


SOGAMA levou a cabo na nosa Biblioteca unha charla explicativa sobre reciclaxe activa para os alumnos de E. Primaria.
Foi moi interesante e, ademais de divertirse, aprenderon moito sobre o tema, á vez que puideron resolver algunhas das súas dúvidas, por exemplo que os botes de medicamentos baleiros tamén hai que levalos ao Punto Sigre das farmacias, a pesares de seren envases, ou que os corchos das botellas van ao contenedor verde por seren produtos orgánicos!

viernes, 20 de diciembre de 2019

bo nAdaL!!!


Para despedirnos ata o vindeiro ano deixamos aquí a imaxe que os rapaces de 2º da ESO fixeron para o calendario 2020 e que constitúe unha "eco-árbore" de Nadal...
Con ela queren lembrarnos as 3R: reducir, reutilizar e reciclar!


miércoles, 18 de diciembre de 2019

naDaL 2019: árBoRe de rEciClaxE

Este ano a árbore de Nadal do Equipo da Bilblio tiña que ser de material de refugallo, por mor do tema do noso PLAMBE.
E, como é lóxico, eliximos follas de libros vellos expurgados xa hai anos da nosa Biblio... éste foi o resultado, no que aparecen tamén os xoguetes reciclados de Inglés!

martes, 17 de diciembre de 2019

naDaL 2019: eStreLas

Os rapaces de 1º da ESO fixeron estas fermosas estrelas empregando material de refugallo... as colocaremos na exposición de libros de Nadal!