Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas
viernes, 18 de junio de 2021
muRal soBre paTrimoNio LocaL
lunes, 14 de junio de 2021
voLunTarioS
Os nosos axudantes de Biblioteca seguen a traballar a reo para poñela máis bonitiña: pintaron radiadores lixaron os antigos, cambiaron os carteis... e ata adeseñaron
unha nova estantería en forma de cabina para os libros de Inglés.
unha nova estantería en forma de cabina para os libros de Inglés.
jueves, 25 de junio de 2020
Mediametraxe sobre «Harry Potter»
Como xa anunciaramos anteriormente, Zaira Ruibal Rivas e Simón Seijo García, alumnos de 2º de ESO, prometían continuar abraiándonos co seu talento para a cinematografía que xa demostraran coa curta «El auga deshidrata», realizada como tarefa da materia de Lingua Castelá e Literatura. O que non podiamos de ningunha maneira enxergar era que esta segunda entrega sería a dunha mediametraxe de 45 minutos sobre o universo de Harry Potter, creado pola escritora J. K. Rowling.
Segundo eles mesmos confesan, os libros desta saga resultáronlles de vital importancia durante o periodo de confinamento. Como teredes ocasión de comprobar, non só son uns auténticos expertos na materia da que falan, senón que tamén dominan á perfección a linguaxe audiovisual. Gustaríanos salientar a asombrosa capacidade que demostran Simón e Zaira para mesturar o rigor expositivo e documental coa ficción e a orixinalidade interpretativa. Confiamos en que non abandonen endexamais esta paixón pola séptima
arte e que sigan facéndonos partícipes de marabillosos traballos como o
que aquí presentamos.
Unha vez máis, moitísimas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
N.B. Por mor de cuestións técnicas, a versión da mediametraxe que presentamos aquí non ten toda a calidade de imaxe que desexariamos. Agardamos que non sexa un impedimento para o desfrute da mesma.
lunes, 22 de junio de 2020
Poemos e persoas
![]() |
Tal e como avanzaramos nunha entrada anterior, os alumnos de Lingua Castelá e Literatura de 1º e 2º da ESO estiveron traballando a partir de dous poemas de Jesús Lizano, que empregaron como modelos para as súas propias creacións. Mentres algúns falaban sobre o tipo de persoas lles gustan (e disgustan), outros lanzáronse a escribir os seus propios «poemos», como este do noso xa coñecido poeta e mamífero:
Na seguinte presentación podedes atopar os poemas e poemos dos nosos talentosos alumnos:
Last but not least, Natalia Caamaño Arzúa (1º ESO A2), animouse a facer un fermoso videopoema:
domingo, 21 de junio de 2020
OuLiPo
Na materia de Lingua Castelá e Literatura improvisamos un obradoiro de literatura potencial a imitación do grupo de experimentación literaria OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle) que fundaran o escritor Raymond Queneau e o matemático François Le Lionnais no ano 1960 e que, a través de xogos lóxicos, problemas matemáticos e constricións, perseguía crear obras diferentes e orixinais.
Propuxémoslles aos nosos alumnos dúas tarefas diferentes. A primeira delas era unha bóla de neve de lonxitude n, que é un poema cuxo primeiro verso está formado por unha palabra dunha única letra, o segundo dunha palabra con dúas letras, etc., ata o n-ésimo, que consta dun verso con n letras. Neste caso tratábase de facer unha bóla de neve de lonxitude 10, aínda que algún dos nosos autores optou por facer algunha variación máis complicada.
Podedes atopar os resultados na seguinte presentación (lembrade premer no botón de pausa para ler con atención os textos):
A segunda das tarefas estaba pensada como unha homenaxe ao novelista francés Georges Perec (1936-1982), concretamente á súa novela La disparition (1969), na que ao longo das súas trescentas páxinas non aparecía a letra E, a máis frecuente no francés. A novela foi traducida ao castelán como El secuestro, e nesa versión omitiuse o A, a letra máis empregada neste idioma.
![]() | ||
| Georges Perec |
Así pois, os nosos alumnos escribiron un lipograma, isto é, un texto no que se omite sistematicamente algunha letra do alfabeto, neste caso o A. Nestoutra presentación podedes ver os curiosos e simpáticos resultados:
miércoles, 17 de junio de 2020
Medo e outros animais
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que se atrevesen a exorcizar os seus medos e temores. Que mellor xeito hai de facelo que escribindo poesía? Para iso, seguiron o modelo do poema «Fear», do escritor estadounidense Raymond Carver, e que souberon adaptar ás súas necesidades individuais.
Algúns deles, porén, preferiron indagar noutros sentimentos ou emocións diferentes, como a ledicia, a tenrura, o afecto... e mesmo nos soños. Algunha rapaza contribuíu tamén cun poema un chisco diferente...
Na seguinte presentación podedes atopar un bo feixe de fermosos textos (tedes a opción de poñela en pausa para lelos co detemento que requiren e merecen). Moitas grazas e parabéns a todos!
lunes, 15 de junio de 2020
Poesía visual
Na materia de Lingua Castelá e Literatura prupoxémoslles aos nosos alumnos que se achegaran ao fascinante mundo da poesía visual a través dunha escolma de obras de Nicanor Parra, Joan Brossa, Chema Madoz, Guillaume Apollinaire, etc. A continuación eles debían ben facer as súas propias obras seguindo eses modelos, ben compoñer un poema a partir dalgunha das imaxes propostas.
Velaquí tedes os estupendos e suxestivos resultados. Moitas grazas e parabéns a todos!
viernes, 12 de junio de 2020
«Las personas curvas»
![]() |
| Jesús Lizano (1931-2015) |
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos de 2º da ESO que leran (e escoitaran) o poema «Las personas curvas», do heterodoxo e xenial mamífero, poeta e pensador Jesús Lizano, cuxo quinto cabodano se cumpriu hai uns días.
A continuación suxerímoslles que compuxesen un poema persoal que seguise o de Lizano como modelo. Porén, Zaira Ruibal Rivas, de 2º ESO A, animouse a facer un emotivo recitado, que agora compartimos con todos vós.
Deixámosvos aquí este saboroso petisco mentres agardamos polos traballos dos seus compañeiros:
Moitas grazas e parabéns, Zaira!
Cabaret Voltaire
Nesta ocasión, os nosos alumnos de Lingua Castelá e Literatura deixáronse inspirar polos manifestos de Tristan Tzara e seguiron as súas instrucións para elaborar un poema dadaísta. Os resultados son realmente salientables!
Parécense os poemas aos seus autores? Resultan feiticeiros? Na presentación poderedes comprobalo, pero o grupo dadaísta de Portas nada lle ten que envidiar a Hannah Höch, Hugo Ball ou Kurt Schwitters! Fümms bö wö tää zää Uu, pögiff, kwii Ee!
Moitas grazas e parabéns a todos!
jueves, 11 de junio de 2020
eX liBriS
Aquí vos deixamos unha escolma de deseños de ex-libris que fixeron os alumnos de Gravado e Estampación (G.R.E.S.) de 1º e 2º da ESO.
Un ex libris é unha marca de propiedade que consiste nun selo que se estampa no reverso da cuberta dun libro, e que contén o nome do seu dono ou da biblioteca á que pertence e, moitas veces, un debuxo que fai referencia aos gustos do propietario.
Dito nome (ou iniciais) vai precedido normalmente da expresión latina ex libris que significa:“de entre os libros de...”
A idea é facelos en caucho cando volvamos ao cole!!!
Videopoemas de 2º ESO
Compartimos dous novos videopoemas, neste caso realizados por Soraya García Jamardo e Hugo Sayáns Mosquera, ambos alumnos de 2º ESO A, nos que plasman as emocións e reflexións que lles suscitou a situación excepcional que vivimos. Agardamos que vos gusten. Parabéns e moitas grazas, Soraya e Hugo!
viernes, 5 de junio de 2020
Curtametraxe: «El agua deshidrata»
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que realizaran un videopoema, pero a algúns deles parece que lles soubo a pouco a idea e lanzáronse a facer unha curtametraxe. Este é o caso de Zaira Ruibal Rivas (2º ESO A) e de Simón Seijo García (2º ESO B), que nos queren sorprender co seu traballo El agua deshidrata. Trátase dunha curtametraxe de corte experimental, con claras influencias de David Lynch e do primeiro Michael Haneke, na que a realidade e a ficción se mesturan para propoñernos unha reflexión sobre os perigos que conleva o consumo acrítico e impensado de informacións non contrastadas. A pesar das dificultades xeradas pola situación de corentena, estes dous mozos realizadores, guionistas e intérpretes fan unha abraiante despregadura de medios e inxenio para ofrecernos unha, pola súa duración, pequena obra mestra da séptima arte. Prometen seguir asombrándonos cunha segunda curtametraxe e confiamos en que continúen progresando nos vieiros do cinema. Moitas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
lunes, 18 de mayo de 2020
Curtametraxe: «La molinera y el corregidor»
Compartimos aquí a curtametraxe realizada por David Angueira, alumno de 3º ESO B, para a materia de Lingua Castelá e Literatura, e que está inspirada na versión do romance tradicional La molinera y el corregidor musicada polos Hermanos Cubero. Nuria Angueira (1º ESO) e Brais Jamardo (2º ESO B) tamén participaron con cadansúas magníficas interpretacións nunha excelente creación que, sen renunciar á orixinalidade, soubo capturar perfectamente a esencia do poema. Parabéns e moitas grazas aos tres!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










