Mostrando entradas con la etiqueta Dante. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dante. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de diciembre de 2021

inFerNo de danTe 04

Na materia de Gravado e Estampación (GRES) os alumnos de 1º e 2º da ESO están a deseñar os seus propios círculos do Inferno de Dante!

Primeiro leeron os pecadores e os castigos que sofren en cada un dos círculos e escolleron un deles.

Despois fixeron bosquexos coas ideas que lles foron surxindo.

E, para finalizar, os gravaron en CDs vellos coa técnica da "Punta Seca".

Pronto os estamparemos e faremos unha exposición cos resultados!!!




lunes, 29 de noviembre de 2021

inFerNo de danTe 03

 

Os alumnos de EPVA de 3º e 4º da ESO animáronse a probar coa marabillosa (aunque moi complicada!) técnica da acuarela para recrear algúns pasaxes da Divina Comedia de Dante.

Basearonse nas pinturas de W. Blake e de M. Barceló. Pronto faremos unha exposición cos resultados!





lunes, 1 de noviembre de 2021

SaMaín 2021. O inFerNo de danTe 02

 


Co gallo do noso proxecto sobre Dante, no 700º aniversario do seu pasamento, os alumnos de 4º ESO fixeron a "Porta do Inferno" coa famosísima frase que advirte antes de entrar:

"Adandonade toda esperanza vós que entrades!"

Serviunos para expor os libros da Biblio relacionados coa Divina Comedia, moitos con belñísimas ilustracións... Botade unha ollada!!!


lunes, 18 de octubre de 2021

inFerNo de danTe 01

Co gallo do 700º aniversario de Dante Alighieri (en Rávena no 1321), dende o departamento de Debuxo decidímonos facer un proxecto de investigación sobre a relación da Divina Comedia e a Arte.

Aquí están Katy e Noa, de 3º ESO, comezando as súas pescudas na biblio... pronto publicaremos os avances!