Mostrando entradas con la etiqueta Minoría Romaní. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Minoría Romaní. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 2

A biblioteca fixo unha exposición e unha guía de lecturas para unirse á celebración da Semana da Cultura Xitana.

Aquí tedes os resultados:



viernes, 26 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 1

A celebración da Semana da Cultura Xitana no CPI Domingo Fontán comezou coa charla na nosa biblioteca "Somos Referentes" na que dúas rapazas xitanas fixeron unha presentación que causou moito interese no noso alumnado.
Pronto seguiremos comentando as distintas actividades!

viernes, 8 de abril de 2022

biBlioTeca da CuLTurA xiTanA

 


Para festexar este ano o Día Internacional do Pobo Xitano poñemos unha ligazón á Biblioteca da cultura Xitana da universidade de Alcalá que descoñocíamos ata o de agora... a verdade é que é moi interesante e xa nos deu moitas ideas ara aumentar os fondos da nosa Biblio!!!


LINK BIBLIOTECA DA CULTURA XITANA

jueves, 8 de abril de 2021

día Do poBo xiTano


Para festexar neste 2021 o Día Internacional do Pobo Xitano, os propoñemos aquí algúns links de interese sobre a cultura xitana:

 

FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO

BANDEIRA DO POBO XITANO

8 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

"Lección Gitana": repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia do Pobo Xitano.

"El tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría.

Instituto de Cultura Gitana

 

ARTE

HELIOS GÓMEZ (Real Academia de Historia). Artista e ilustrador.

LITA CABELLUT unha das pintoras españolas máis cotizadas na actualidade (aínda que últimamente se cuestiona a súa orixe).

 

UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR SOBRE ESTE TEMA:

Generalitat Valenciana (dende Infantil a 4º ESO).

Educar frente al antigitanismo (Ministerio de Educación) -ESO-

Materiales didácticos sobre el pueblo gitano (Ministerio de Educación) -EP-


lunes, 13 de mayo de 2019

funDacióN seCreTariado xiTano


Seguimos co noso obxectivo de facer unha Biblioteca na que todos os rapaces se sintan representados e acollidos, por eso dende a Biblio puxémonos en contacto con Araceli Rodríguez, da Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra, e enviounos información moi interesante sobre as campañas que están a realizar nos últimos anos para loitar contra a discriminación:
"#Yonosoytrapacero": para sensibilizar contra a definición de xitano que hai no diccionario da RAE.
"Lección Gitana": que fai un repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia do Pobo Xitano.
ou "El tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría e a favor da dignidade do pobo xitano.

Ademais, aumentamos os fondos da nosa Biblio con fermosísimos libros protagonizados por nenos xitanos coma:
"Iliana, la niña que escuchaba el viento", "Las historias de Manuela", "Patatita" o "Melodía en la ciudad", cos marabillosos debuxos de Benjamin Lacombe! Autor, ademais, dos debuxos da marabillosa xitana  Carmen de Prosper Merimée.