Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de abril de 2023

olImpiAdaS maTemáTicas

Xa están rematando as Olimpiadas de Retos Matemáticos!!!

Pronto coñeceremos aos gañadores...



domingo, 27 de junio de 2021

gaÑadorEs das oLimPiadaS maTemáTicaS

O Departamento de Matemáticas entregou os diplomas e os vales regalo aos catro gañadores dos retos matemáticos deste curso (un por cada curso da ESO).

NORABOA AOS PREMIADOS!!!




miércoles, 11 de marzo de 2020

obRaDoiRo de tRianGulaCióN maTemáTicA

O profe M. Bugallo do Departamento de Matemáticas organizou un obradoiro cos alumnos de Matemáticas Académicas de 4º da ESO sobre triangulación.
Os rapaces aprenden así, de xeito práctico, cómo Domingo Fontán tomou algunhas das medidas sobre o terreo para facer a súa famosísima Carta Geométrica!
Así nos sirve como homenaxe ao grande científico do que o noso centro leva o nome.

jueves, 21 de noviembre de 2019

meS da ciEnciA 2020

Co gallo da celebración do Mes da Ciencia, aproveitamos a oportunidade para especificar un pouco máis na clasificación dos nosos fondos no Meiga, engadindo novas CDU ás existentes, que ficaron así:
Esperamos que así sexa máis sinxelo atopar os libros segundo os vosos intereses!!!

lunes, 18 de noviembre de 2019

mEs da ciEnciA en gaLegO

Fai xa moitos anos que dende a nosa biblioteca dedicamos Novembro para celebrar o mes da Ciencia.
Este curso, ademais, contamos cun orzamento especial para a adquisición de fondos S.T.E.A.M .otorgado pola Xunta de Galicia a través da Asesoría de Bibliotecas.
As siglas STEAM veñen de Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics.
Grazas a el aumentamos os fondos da nosa Biblio con moi interesantes adquisicións nestas materias: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas, pois a verdade é que, agás de Arte, andabamos bastante escasos!
Ademais aproveitamos para suscribirnos a varias revistas: Muy Interesante, nathional Geographic e Historia... cuxos exemplares estarán na nosa Biblio a partires de Xaneiro.
Esperamos que os disfrutedes!!!
Cos novos libros fixemos unha exposición para presentar as novidades a toda a comunidade educativa.

jueves, 9 de mayo de 2019

visiTa do IES bouZa brEy I

Os alumnos do IES Bouza Brey de Vilagarcía están a facer un proxecto sobre Domingo Fontán e aproveitaron para coñecer de preto o seu mapa e o noso cole!
O Departamento de Matemáticas da ESO organizou varias actividades sobre triángulación e trigonometría para realizalas no patio do cole e na Azucareira de Portas.


viernes, 1 de febrero de 2019

cAliGramAs da pAz en siGnoS mateMáticoS



As profes María (Galego) e Verónica (Matemáticas) uníronse para facer cos seus alumnos estes incribles "Caligramas da Paz con Signos Matemáticos" para celebrar este 30 de Xaneiro.
A verdade é que nas fotos non se ven todo o ben que deberían polos brillos que produce o celofán... polo que deberedes achegaros ao primeiro andar para poder apreciar toda a súa beleza e ler os poemas de preto!!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

maLeTa viaXeiRa de mAtEs



A Asesoría de Bibliotecas da Xunta deixounos unha maleta Viaxeira chea de lecturas e películas relacionadas coas Matemáticas.

Os profes Manolo e Verónica, de mates da ESO, fixeron esta expo na entrada da Biblio para que todos os alumnos puideran botarlles unha ollada!

Ademais deunos ideas para aumentar os fondos desta materia na biblio... que eran un pouco escasos...

miércoles, 16 de mayo de 2018

coMo meDíA foNtán o TerriToriO?

O departamento de matemáticas fixo un Obradoiro sobre Triangulación Matemática e outro sobre Trigonometría aplicada á medición do territorio para que os alumnos de 3º e 4º da ESO entenderan como Domingo Fontán tomou algunhas das súas medidas para crear a Carta Xeométrica, o primeiro mapa de Galicia feito con medicións matemáticas.
Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN