Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de junio de 2020

Mediametraxe sobre «Harry Potter»

Como xa anunciaramos anteriormente, Zaira Ruibal Rivas e Simón Seijo García, alumnos de 2º de ESO, prometían continuar abraiándonos co seu talento para a cinematografía que xa demostraran coa curta «El auga deshidrata», realizada como tarefa da materia de Lingua Castelá e Literatura. O que non podiamos de ningunha maneira enxergar era que esta segunda entrega sería a dunha mediametraxe de 45 minutos sobre o universo de Harry Potter, creado pola escritora J. K. Rowling
Segundo eles mesmos confesan, os libros desta saga resultáronlles de vital importancia durante o periodo de confinamento. Como teredes ocasión de comprobar, non só son uns auténticos expertos na materia da que falan, senón que tamén dominan á perfección a linguaxe audiovisual. Gustaríanos salientar a asombrosa capacidade que demostran Simón e Zaira para mesturar o rigor expositivo e documental coa ficción e a orixinalidade interpretativa. Confiamos en que non abandonen endexamais esta paixón pola séptima arte e que sigan facéndonos partícipes de marabillosos traballos como o que aquí presentamos. 
Unha vez máis, moitísimas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
 



N.B. Por mor de cuestións técnicas, a versión da mediametraxe que presentamos aquí non ten toda a calidade de imaxe que desexariamos. Agardamos que non sexa un impedimento para o desfrute da mesma.

domingo, 21 de junio de 2020

OuLiPo



Na materia de Lingua Castelá e Literatura improvisamos un obradoiro de literatura potencial a imitación do grupo de experimentación literaria OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle) que fundaran o escritor Raymond Queneau e o matemático François Le Lionnais no ano 1960 e que, a través de xogos lóxicos, problemas matemáticos e constricións, perseguía crear obras diferentes e orixinais. 
Propuxémoslles aos nosos alumnos dúas tarefas diferentes. A primeira delas era unha bóla de neve de lonxitude n, que é un poema cuxo primeiro verso está formado por unha palabra dunha única letra, o segundo dunha palabra con dúas letras, etc., ata o n-ésimo, que consta dun verso con n letras. Neste caso tratábase de facer unha bóla de neve de lonxitude 10, aínda que algún dos nosos autores optou por facer algunha variación máis complicada.
Podedes atopar os resultados na seguinte presentación (lembrade premer no botón de pausa para ler con atención os textos):





A segunda das tarefas estaba pensada como unha homenaxe ao novelista francés Georges Perec (1936-1982), concretamente á súa novela La disparition (1969), na que ao longo das súas trescentas páxinas non aparecía a letra E, a máis frecuente no francés. A novela foi traducida ao castelán como El secuestro, e nesa versión omitiuse o A, a letra máis empregada neste idioma.

Georges Perec


Así pois, os nosos alumnos escribiron un lipograma, isto é, un texto no que se omite sistematicamente algunha letra do alfabeto, neste caso o A. Nestoutra presentación podedes ver os curiosos e simpáticos resultados:



jueves, 11 de junio de 2020

Booktráiler de «Don Quijote de La Mancha»


Compartimos con todos vós o divertido booktráiler sobre Don Quijote de La Mancha, de Miguel de Cervantes, realizado por Lucía Piñeiro Pérez (1º ESO) para a materia de Lingua Castelá e Literatura. Agardamos que aqueles que aínda non vos achegarades a el vos animedes a ler este divertido e intelixente clásico da Weltliteratur. Moitas grazas e parabéns, Lucía!

Videopoemas de 2º ESO



Compartimos dous novos videopoemas, neste caso realizados por Soraya García Jamardo e Hugo Sayáns Mosquera, ambos alumnos de 2º ESO A, nos que plasman as emocións e reflexións que lles suscitou a situación excepcional que vivimos. Agardamos que vos gusten. Parabéns e moitas grazas, Soraya e Hugo!