viernes, 5 de junio de 2020

Curtametraxe: «El agua deshidrata»


Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que realizaran un videopoema, pero a algúns deles parece que lles soubo a pouco a idea e lanzáronse a facer unha curtametraxe. Este é o caso de Zaira Ruibal Rivas (2º ESO A) e de Simón Seijo García (2º ESO B), que nos queren sorprender co seu traballo El agua deshidrata. Trátase dunha curtametraxe de corte experimental, con claras influencias de David Lynch e do primeiro Michael Haneke, na que a realidade e a ficción se mesturan para propoñernos unha reflexión sobre os perigos que conleva o consumo acrítico e impensado de informacións non contrastadas. A pesar das dificultades xeradas pola situación de corentena, estes dous mozos realizadores, guionistas e intérpretes fan unha abraiante despregadura de medios e inxenio para ofrecernos unha, pola súa duración, pequena obra mestra da séptima arte. Prometen seguir asombrándonos cunha segunda curtametraxe e confiamos en que continúen progresando nos vieiros do cinema. Moitas grazas e parabéns, Zaira e Simón!

1 comentario:

  1. Estupendo trabajo Simón y Zaira!!!! Vaya crack Marina Yers!!!

    ResponderEliminar