lunes, 18 de diciembre de 2023

naDaL: proXecTo euRopeO de inTercaMbio de posTaiS

 

 
Os alumnos da ESO escribiron postais de Nadal para desexar boas festas aos nosos socios europeos de escolas de Portugal, Rumanía e Italia.
Para ver máis fotos premede nesta LIGAZÓN!



lunes, 11 de diciembre de 2023

naDaL: ÁRbORE DA biBLio

 

A árbore de Nadal deste ano ten coma tema o lema do PLAMBE: "Vivir do Conto" polo que a fixemos con carátulas de contos famosos de todos os tempos.

Para rematar este "Nadal de Conto" colocamos as postais que recibimos de moitos colexios europeos...

BOAS FESTAS!!!

lunes, 4 de diciembre de 2023

faMouS LiteRary famiLies

 

O Departamento de Inglés realizou un interesante proxecto sobre "Familias Literarias" que espuxeron na nosa biblio.

Para máis información visitade a entrada no blog de Inglés nesta ligazón!

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 NovEmbRo

O Equipo da Biblio tamén realizou unha exposición de fondos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero:




viernes, 24 de noviembre de 2023

25N: Día da eliminación da violencia contra a muller

Este sábado 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; desde o CPI Domingo Fontán quixémonos adiantar realizando algúns actos durante toda a semana e facendo unha acto conxunto para todo o centro o venres, día 24 de novembro.

Entre as diferentes actividades que realizamos temos que destacar en primeiro lugar un mural conmemorativo para a data, cunha porta violeta como símbolo do paso cara a un mundo que elimine a violencia contra a muller e especialmente a violencia física e os crimes machistas.

Ao lado da porta puxemos unha serie de frases feitas, ditos populares e refráns que fan referencia á percepción e mesmo xustificación da violencia contra a muller que levamos atopando no subconsciente colectivo durante moitas décadas e mesmo séculos... ("A la mujer y a la burra cada día una zurra", "Á muller e á mula, vara dura"; "A muller e o can non ladran cando lles dan"; ...). A actividade acobou sendo multilingüe xa que colaboraron diferentes departamentos do centro achegando as súas frases.



Estas mensaxes, mostradas en vermello, foron cualificadas como negativas. Durante moitos anos a violencia machista estaba normalizada e incluso había ditos, refráns e mesmo cancións que reflectían esta violencia como algo habitual. Aínda que forman parte dun contexto histórico determinado, imos vendo como deixaron unha pegada culturarl moi fonda que establecía un pensamento dominante que, en xeral, non censuraba eses comportamentos. Aforturnadamente a mensaxe que quedaba de fondo xa se ve como desfasada e, ao mesmo tempo, a nosa sociedade comeza a crear contido censurando eses comportamentos e superando esa ideoloxía machista (aínda que queda algunha xente que se resiste a condenalo...).



Pero ao lado destas mensaxes machistas emerxen na actualidade letras, lemas e cancións que anovan o pensamento e actualizan os textos para crear unha sociedade máis igualitaria evitando prexuízos e discriminacións. 

Así, recollemos unha chea de versos, algúns ditos e outras mensaxes positivas que puxemos en cor morada tras pasar pola porta da fuxida do machismo. Así, denuncíanse as situacións que non poden ser consetidas polo ideario común e resaltamos aquelas que queren poñer en valor o papel da muller na sociedade.

Con todo estas non foron as únicas actividades do centro. O alumnado do club de lectura leu un manifesto e realizaron unhas actuacións para denunciar situacións de machismo ou "micromachismos" que podemos vivir na actualidade.

No club de primaria centráronse en representar actos que poden xurdir no centro, especialmente nos momentos de lecer como recreos e que están relacionados co xogo, representado 4 situacións: brilé, fútbol, peletre e bonecas...

No club de ESO tamén representaron diversas situacións pero centrándose máis no ámbito doméstico ou que se poden dar en xeral na sociedade: así, na inseguridade que pode sentir unha muller pola rúa, na perpetuación de roles machistas na casa (facer de comer, recoller, limpar, etc, como roles femininos que provocan situacións de violencia se non se cumpren...).


Finalmente apareceron dúas sorpresas...

O alumnado de cuarto de ESO, en colaboración con parte do profesorado, fixeron unha "performance" bailando a canción "Lisístrata (varre vasoira)" de Fillas de Cassandra, que se refire ao antigo mito das mulleres que fixeran unha folga sexual para protestrar porque os homes marchaban ás guerras e deixábanas soas con todas as cargas familiares e económicas da casa. Polo tanto, ten unha dobre mensaxe, denuncia a situación tradicional da muller que tiña que soportar unha chea de traballos e todos en soidade e, por outra banda, convértese nun alegato antibelicista.

Para rematar, o alumnado de Tics de 4º de ESO tamén realizou un vídeo que acompañou dunha interpretación en directo. O vídeo serviu de base musical para realizar unha actuación que implicou unha reivindicación da muller a ritmo moderno.



Dentro das actividades do centro tamén destaca a denuncia mostrada nun dos corredores de secundaria cunha exposición de bonecas atadas e pegadas á parede nunha denuncia explícita das vítimas da violencia machista... Así, aparecen nomes de pía reais que lembran ás caídas por estes crimes violentos contra as mulleres e remataron da forma máis tráxica e que supoñen o cume desta ideoloxía que nos seus extremos acaba con actos da máxima violencia. 


Como homenaxe o lema creado para esta exposicion...

"NON HAI PAREDE, 
CORDA OU LAZO
QUE ME QUITE
O MEU ESPAZO"


Para rematar, indicar que tamén se realizou un taller de chapas impulsado especialmente polo EDLG (vid. a páxina portalingua.blogspot.com).
Asemade, para as actuacións do club de lectura e fotos da rapazada pódese seguir o blog do club de lectura (asportadas.blogspot.com)



sábado, 18 de noviembre de 2023

EnConTro de eScoLas eTwiNNing

Este mes acudimos á II Conferencia de centros eTwinning...

Para máis información visitade o LINK no blog de Proxectos Europeos "Abrindo Portas a Europa".

xoRnadaS biBlioS

 

O 18 de Novembro tiveron lugar en Santiago de Compostela as xuntanzas da Xonarda de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Co lema "Unha biblioteca escolar en viñetas" os relatores fixeron fincapé na capacidade da banda deseñada como soporte para diferentes relatos e das marabillosas posibilidades que nos aporta a ilustración como linguaxe poderosa, ademais dos temas habituais de grande importancia (familias, animación á lectura, alumnado voluntario, clubes de lectura...)

A nosa mestra de Relixión Nuria Blanco participou coma representante do Equipo da Biblio, traendo moitísimas ideas do máis interesantes que teremos en conta para os nosos futuros proxectos!

PREMENDO AQUÍ ACCEDEREDES AOS MATERIAS DAS XORNADAS NO PORTAL DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS



lunes, 23 de octubre de 2023

sAmAíN 2023

 

Este ano, co gallo do tema do PLAMBE "Vivir do Conto" co que queremos sacarlle partido aos nosos fondos de ficción preparamos varios concursos e exposicións relacionados con "MALOS DE CONTO".

Para coñecer todas as actividades programadas PREMEDE AQUÍ!!!



jueves, 12 de octubre de 2023

OUR FAVOURITE LITERARY CHARACTERS

 
 Os estudantes de 3º de ESO crearon uns mapas conceptuais na clase de inglés, onde escolleron o seu personaxe favorito e incluiron algúns aspectos da súa vida na ficción da que son protagonistas.

martes, 26 de septiembre de 2023

lunes, 11 de septiembre de 2023

viVir do coNto (PLAmBE 23/24)


No curso 2023/24 imos desenvolver o proxecto “Vivindo do Conto” co que buscamos sacarlle o máximo partido aos nosos fondos tras unha intensa década na que o equipo da biblio asumiu 2 retos que parecían inabarcables: rexistrar de novo os 10.000 volumes mal volcados dende o programa anterior ao Meiga e cambiar toda a colección de non-ficción do corredor ao espazo central, rexistrado e clasificado por temas e cores. Ademais da adquisición e montaxe do importante equipamento conseguido grazas aos orzamentos do PLAMBE e da Biblioteca Inclusiva. 

Queremos gozar desta merecida recompensa á vez que deseñar actividades para difundir os nosos fondos para que toda a comunidade educativa poida disfrutar da nosa marabillosa biblioteca!

Porén, a reducción ao mínimo posible das horas que o centro pon a disposición da biblioteca (a pesares dos nosos numerosísimos programas e premios) fará que, desgraciadamente, non poidamos facer tantos proxectos coma outros cursos.

viernes, 9 de junio de 2023

pRemio pRinceSa de asTuRias

 

O Equipo da Biblio fixo este mural para celebrar o Premio Princesa de Asturias ao escritor Haruki Murakami neste 2023.

miércoles, 7 de junio de 2023

enQuiSas

 

Para rematar o curso fixenmos varias enquisas para avaliar as actividades da nosa biblioteca para profes, alumnos e familias.
Analizamos os resultados para mellorar o noso labor o próximo curso!




martes, 6 de junio de 2023

oBRAdoiRO de rAdiO

Hoxe tivemos a sorte de poder asistir a un obradorio de Rede Espora grazas a orzamento do programa Radio na Biblio.

Para máis fotos e detalles premede aquí!



lunes, 5 de junio de 2023

xoRnadaS cLubS de LecTura


Unha representante do noso colexio acudiú ás xornadas dos Clubes de Lectura en Santiago de Compostela organizados pola Asesoría de Bibliotecas.

A verdade é que conseguimos boas ideas para o próximo curso!

jueves, 1 de junio de 2023

muSeo de poNTevedRa

 


Retomamos as visitas pedagóxicas ao Museo de Pontevedra organizadas co Departamento de Sociais.


lunes, 29 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 2

A biblioteca fixo unha exposición e unha guía de lecturas para unirse á celebración da Semana da Cultura Xitana.

Aquí tedes os resultados:



viernes, 26 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 1

A celebración da Semana da Cultura Xitana no CPI Domingo Fontán comezou coa charla na nosa biblioteca "Somos Referentes" na que dúas rapazas xitanas fixeron unha presentación que causou moito interese no noso alumnado.
Pronto seguiremos comentando as distintas actividades!

a noSa hoRtA


Este curso aumentamos o noso proxecto sobre ecoloxía e sostenibilidade engadindo unha horta ao noso invernadoiro.

Os alumnos de 2º da profe Jessica aproveitaron a ocasión para ler en grupo o libro "O Gran Libro da Nosa Horta" e aprender moitísimos trucos interesantes para plantar en Primavera!

jueves, 25 de mayo de 2023

micRorreLatoS


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ven de entregar os premios aos gañadores do concurso de microrrelatos.

Noraboa a todos e moitas grazas por participar!!!

martes, 23 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 3

 


Para rematar a nosa celebración das Letras Galegas recibimos a visita do grupo O Correo do Vento que fixo un obradoiro de ilustración cos nosos rapaces de Primaria.
Aquí tedes un vídeo de o ben que o pasaron aprendendo: