miércoles, 25 de noviembre de 2020

díA conTra a vioLencia conTra a muLLer

Para celebrar este 25 de Novembro os alumnos de 2º Primaria acudiron a visitar un bus moi chamativo.

Ademais os de 3º fixeron un taboleiro onde escribiron as súas ideas sobre este tema:




miércoles, 18 de noviembre de 2020

noVidadEs en ciNemA

Estreamos uns novos andeis para os DVDs da biblio e aproveitamos para rexistrar e etiquetar todos os fondos audiovisuais que temos!

Tamén creamos un novo APARTADO NA WEB do cole no que iremos recollendo información sobre as películas e unidades didácticas para traballar con elas.

Ademais mercamos novas películas moi interesantes... especialmente algúns títulos que tratan valores, diversidade e inclusión: La Chica Danesa, Tomboy, Call me by Your Name, Pride... 

martes, 3 de noviembre de 2020

MonTaXe das aDquiSicióNs

Ramón, o noso conserxe, esforzouse a reo para montar todos os novos mobles da biblio!

Ademais repintou a parede e ancorou todas as estanterías para que sexan seguras para os rapaces.

Todo está quedando moi chulo... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!