viernes, 31 de enero de 2014

siNgiNg peAce


Actividades do Equipo da Biblioteca e o Club de Lectura para o Día da Paz

Desde o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Club de Lectura, estivemos a preparar algunhas actividades para o Día da Paz. A celebración realizouse o Día 31 de xaneiro porque o Día 30 parte do alumnado faltaba porque tiña unha saída cunha actividade deportiva escolar.

Para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria preparouse unha adaptación do conto Juul, que fala do acoso infantil e os insultos na nenez representados na figura dun boneco.

Para segundo e terceiro ciclo de Primaria leuse o mesmo conto na versión íntegra. Logo, tanto en infantil como en primaria tiñan que axudar a reconstruír a Juul dicíndolle cousas positivas para que reintegrase as súas partes.

Na ESO narrouse o conto "os dous monstros" e logo houbo que facer un resumo a través de 3 viñetas da historia, ao tempo que se escoitaban cancións sobre a paz diversas ás que ao final lle había que outorgar unha nota. Finalmente había que escoller un dos temas e explicar por que gustou.

jueves, 30 de enero de 2014

Figuras e frases sobre a paz

No taboleiro da biblioteca no corredor principal do centro temos a exposición sobre o Día da Paz. Dada o recente pasamento de Nelson Mandela no decembro pasado, dedicamos especial atención ao que foi Premio Nobell da Paz. Tamén acompañamos este persoeiro de outras figuras con frases históricas sobre a non violencia.

A PAZ E A NON VIOLENCIA

Na entrada da biblioteca temos unha exposición feita cun pequeno dosier de prensa sobre o a paz e a non vioelencia

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

A biblioteca do CPI Domingo Fontán vén de centralizar varios dos actos para a celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

Desde a Biblioteca vimos de actualizar o taboleiro de anuncios con información sobre esta data e sobre este valor tan importante na sociedade e no ensino.

Ademais fixemos unha montaxe no chan do corredor principal do centro con libros para elaborar unha palabra e o seu símbolo: PAZ.

lunes, 27 de enero de 2014

moZarT


 woLfgang amAdeuS moZart

Nació en Salzburgo (Austria) en 1756, un día como hoy, 27 de Enero.

Fue uno de los compositores más extraordinarios de la Historia, abarcó todos los géneros musicales y realizó más de 600 obras!

En 1984 el director Milos Forman realizó la famosa película Amadeus basada en la obra de teatro homónima de Peter Shaffer. En ella se narra (con muchas licencias históricas) la vida de Mozart a través de la visión de otro compositor, Antonio Salieri, quien lo admira y envidia a la vez.

Aquí tienes enlaces a páginas interesantes que hablan sobre Mozart y sobre la película:

Mozart en la Wikipedia.

Mozart en el Museo Británico.

Película Amadeus

 

 

martes, 14 de enero de 2014

actividades nadal 2013

ACTIVIDADES DE NADAL 2013
 
Este ano os alumnos decoraron a árbore de nadal cuns teléfonos móbiles nos que escribiron a súa felicitación navideña e ademáis recomendaron un libro, película ou disco para estas datas.
Así de bonito quedou.





As recomendacións que os nosos alumnos fixeron publicitánse no taboleiro da biblioteca.
 
 




E tamén o equipo da biblioteca recomenda: