viernes, 29 de octubre de 2021

jueves, 28 de octubre de 2021

Debuxa a Greg

 Xa temos o nº 16 de Diario de Greg na nosa biblio!

O curso pasado fixemos uns marcapáxinas para festexar que está (por fin) publicado en galego coma "Diario de un chaíñas total".

Aquí deixamos os pasos para debuxar a Greg de xeito moi sinxelo por se os animais a intentalo!


Botade tamén unha ollada a este vídeo se tedes dúbidas: VÍDEO

lunes, 25 de octubre de 2021

seMaNa aMi 2021

A UNESCO celebra esta derradeira semana de Outubro a "Global Media and Information Literacy Week" que busca promover a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI).

Dende a Biblioteca do CPI Domingo Fontán levamos varios cursos tratando de avanzar neste campo cos nosos alumnos, favorecendo o pensamento crítico e creativo, así como o respecto aos dereitos de autor, sempre en loita contra a desinformación.

Este curso queremos unirnos ao "Pacto dos Mil Clicks" da UNESCO... Tratando de cumprir os seus 6 puntos:

Botade unha ollada ao seu vídeo:



Tamén podes revisar a ligazón da Asesoría de Bibliotecas sobre o tema premendo AQUÍ!
e ao apartado que fixemos sobre este tema na web do cole, premendo AQUÍ.


lunes, 18 de octubre de 2021

díA daS escRitorAs 2021


 Estamos felices de recibir esta mensaxe de María Solar en Twitter!

inFerNo de danTe 01

Co gallo do 700º aniversario de Dante Alighieri (en Rávena no 1321), dende o departamento de Debuxo decidímonos facer un proxecto de investigación sobre a relación da Divina Comedia e a Arte.

Aquí están Katy e Noa, de 3º ESO, comezando as súas pescudas na biblio... pronto publicaremos os avances!