miércoles, 27 de marzo de 2019

corrEspOndEnteS xuVeníS

Un equipo de voluntarios de 4º da ESO participa este curso no Plan proxecta Correspondentes Xuvenís 3.0 no que reciben, analizan e publican todo tipo de información relacionada coa xuventude que pode ser de interese para a contorna.
Ademais participaron nun encontro con correspondentes doutros centros en Gandarío no que realizaron todo tipo de actividades divertidísimas!!!

lunes, 25 de marzo de 2019

conSelloS para usaR as tIcS seN riScoS


Os alumnos de 3º da ESO fixeron un blog sobre a Relación dos Sexos a través da Tecnoloxía dentro do Plan Proxecta Quérote+.
Investigaron sobre a seguridade na rede, a netiqueta, a ciberviolencia de xénero e os perigos das webcams e elaboraron un glosario de termos relacionados co tema dentro da Sección Bilingüe.

lunes, 18 de marzo de 2019

maLetA viaXeiRa inCluSivA

Fixemos esta exposición cos libros que a Asesoría de Bibliotecas nos emprestou sobre Biblioteca Inclusiva!.
Son uns fondos moi interesantes e xa tomamos ideas para aumentar os da nosa Biblio... un pouco escasos ata agora!

AQUÍ PODEDES IR Á LIGAZÓN DA ASESORÍAS DE BIBLIOTECAS

viernes, 15 de marzo de 2019

reTo lecTor de gaLaXia

Un ano máis a editorial Galaxia propón un novo reto lector. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
No mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
data límite para entregar os videos será o 26 de abril de 2019.

lunes, 11 de marzo de 2019

viernes, 8 de marzo de 2019

peGadaS de muLlereS

A profe Patricia de 1º EP tivo a xenial idea de facer unha exposición coas pegadas das mulleres máis importantes para os nosos alumnos para festexar este 8 de Marzo.
As pegadas ocuparon todas as paredes do corredor e quedaron de marabilla!!!

interNatiOnal woMen's daY


As profes Susana, María e Sara, dos departamentos de Galego, Inglés e Debuxo, colaboran este curso en varios proxectos eTwinning nos que se traballa cooperativamente con centros escolares de toda Europa!!!
Un deles consistiu en facer vídeos/presentacións multimedia sobre algunha das mulleres máis salientables da nosa contorna, polo que escollemos a Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Maruja Mallo para compartir as súas vidas e obras con todo o continente:

jueves, 7 de marzo de 2019

a mUlleR na múSicA gaLega

A profe María do Departamento de Galego fixo un obradoiro cos rapaces da ESO sobre o papel da muller na música galega e o resumiron neste taboleiro!!!

miércoles, 6 de marzo de 2019

La mujeR en la liTeraTura

La profesora Ana Varela del Departamento de Lengua Castellana hizo estos paneles que homenajean a algunas de las mujeres más impresionantes de la Literatura de todos los tiempos: Sherezade, Madame Bovary, Jane Eyre, Jo March, Fermina Daza...