martes, 30 de abril de 2019

esCornaboTs: insTruMenTos muSicaiS

Seguindo co tema deste curso do PLAMBE, "A Música do s.XX", aproveitamos para deseñar unha plantilla de instrumentos musicais para traballar cos escornabots!!!
A imprimimos e está á vosa disposición na nosa biblio:

aPadRiñaMenTo lecToR

Todo o cole participou nunha soleada xornada de lectura conxunta organizada polo Equipo de Extraescolares na que cada alumno maior lía un libro a un máis pequeno!
Podes ver máis fotos nesta presentación:

viernes, 26 de abril de 2019

monTaxe do equiPo da raDio

Johnny, o profe de Música de Primaria, xa montou o equipo que mercamos para a nosa radio (na ubicación provisional) e pronto faremos o obradoiro co Laboratorio de Radio!


jueves, 25 de abril de 2019

exPosiciÓn plAmbE 2019

Fixemos unha exposición cos libros da Biblio relacionados coa Música do s.XX e a completamos cunha colección de vinilos da época cedidos pola profe Susana de Inglés!

miércoles, 24 de abril de 2019

preMio ceRvaNtes 2019



La poeta uruguaya IDA VITALE recibió el Premio Cervantes 2019.

Aquí podéis leer su discurso completo!

aniMaciÓn á leCturA: 2º ESO

Os alumnos de 2º da ESO fixeron este simpático vídeo colaborativo para animarr a todo o mundo a ler... esperamos que vos guste!!!

martes, 23 de abril de 2019

cAncióNs reLacioNadaS coN liBros

Os Departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron cos alumnos de 1º da ESO esta exposición de móbiles nos que recollen as principais cancións do s.XX inspiradas en libros ou poemas!
Esperamos que vos guste!!!

díA do liBro

Para celebrar o Día do Libro 2019 colocamos un taboleiro no corredor para que todos os alumnos e profes do centro escriban o seu libro preferido!

árBorE de liBroS

Co gallo do Día do Libro o 1º Ciclo de Primaria fixo unha árbore cos libros preferidos de cada alumno e tamén os colgaron en móbiles!

lunes, 22 de abril de 2019

aniMacióN á lecTuRa

Os alumnos do 1º Ciclo de Primaria anímannos a ler e a visitar a nosa biblio con este simpático vídeo!

sábado, 20 de abril de 2019

homEnaXe a foNtán na caSa da cuLturA

Unha estupenda representación do cole asistiú á homenaxe a Domingo Fontán que celebra todos os anos por estas datas a Asociación Cultural que leva o seu nome.
A profe Flora foi a encargada de darlles os nosos agasallos: un collage feito por todos os alumnos do colexio e un libriño que recolle o proxecto sobre o grande científico que levamos a acabo o curso pasado coordinado pola Biblioteca.
Esperamos que lles gustara!!!

miércoles, 17 de abril de 2019

aniVerSario doMingO fonTán




Estes son os agasallos que temos preparados para levar ao acto que a Asociación Cultural Domingo Fontán organizou co gallo do aniversario do científico: un marco co collage realizado por todo o colexio e un libriño que resume o proxecto sobre Fontán coordinado dendea Biblioteca o curso 2017/18.

lunes, 15 de abril de 2019

viernes, 12 de abril de 2019

coLoquiO coN fiNa caSaldeRreY

A escritora Fina Casalderrey acudiú á nosa Biblioteca a dar unha charla aos alumnos do cole!

jueves, 11 de abril de 2019

coLLagE de d. fOntÁn

Este curso todo o centro uniúse para facer unha homenaxe artística a Domingo Fontán co gallo do aniversario do seu nacemento.
Todos os alumnos dende Infantil a 4º da ESO colaboraron cun anaco desde creativo collage.
A idea é enmarcalo e levalo de agasallo á Asociación Domingo Fontán na cerimonia a que estamos todos os anos convidados.

lunes, 8 de abril de 2019

noRmaS en piCtoGraMas

A profe María (de Audición e Linguaxe) deseñou estes pictogramas coas normas da Biblioteca para que as entendan todos.
Forma parte do noso proxecto de Biblioteca Inclusiva para este ano 2019, no que seguiremos traballando e informando!!!

sábado, 6 de abril de 2019

rAdiO na biBliO



Este curso a Biblio participa nun programa moi especial que trata de achegar a radio ás escolas.

Estamos a seleccionar e mercar o equipamento e a insistir para que nos habiliten un recuncho apropiado...

Pronto comezaremos a emitir e colgaremos aquí toda a información!!!

díA daS aRteS gaLegAs 2019

Este 1 de Abril festexamos o Día das Artes Galegas dedicado a Luis Seoane, que ademais dun gran escritor foi un estupendo pintor e gravador. Por iso o Departamento de debuxo colaborou co EDLG na recreación dalgúns dos seus mellores gravados.
Os alumnos de 1º e 2º da materia de GRES (Gravado e Estampación) realizaron e estamparon estes fermosos linoleogravados que expuxemos no taboleiro do corredor!!!