viernes, 21 de junio de 2019

fiN dE cuRsO

Para celebrar o fin do curso 2018/19 deseñamos estas carátulas de CDs con fotomontaxes dalgunhas das actuacións espectaculares deste ano:
Loquillo, Eminem, Elvis, Queen, David Bowie, Kiss, Grease...

Esperamos que o pasarades moi ben e FELIZ VERÁN A TODOS!!!!


NESTE VÍDEO PODES VER AS PORTADAS MÁIS POLO MIÚDO:

miércoles, 19 de junio de 2019

obRadOiro dE cóMiC II

Os alumnos de EPVA de 4º ESO fixeron un obradoiro de tinta chinesa e grafito líquido sobre o novo cómic da biblio "SANDMAN" de Neil Gaiman, e representaron non só ao famoso home da area, senón tamén a outros dos"eternos" que o acompañan.
De paso fixemos un achegamento á famosísima canción de Metallica que leva o seu nome!

lunes, 17 de junio de 2019

víDeoS muSicaiS

Os simpatiquísimos alumnos de 4º fixeron na clase de Inglés uns marabillosos vídeos con cancións famosísimas do s.XX coas voces en directo...
Non os podedes perder estas xoias!!!





miércoles, 12 de junio de 2019

ouTra desPediDa: aCCión poÉtiCa II

Os marabillosos alumnos de 4º da ESO quixeron deixar unha pequena pegada no muro do colexio coma xa fixeran hai dous anos nunha "ACCIÓN POÉTICA EN PORTAS", cunha frase moi definitoria elixida por eles: "Marcho... que teño que marchar"
Os botaremos moitísimo de menos!!!!:
Alba A, Alba R, Wuayra, Sabela, Noa, Miguel, Fran, Toño, Celia, Gabriel, Marcos, Sergio, Azahara, Lidia, Ainhoa, Lucía, Uxía, Alba M, Damián, Sara, Adriana, Jorge, Olalla e Pablo.
Agora vanse a Ämsterdam a disfrutar dunhas marabillosas e ben merecidas vacacións!

lunes, 10 de junio de 2019

proGraMa mañaNeiRo en raDio RaPeira


Os alumnos de 3º de Primaria, coordinados polo seu profe Johnny, foron quen de facer un programa mañaneiro de Radio Rapeira...
Ten de todo! chistes, santoral o tempo...
O fixeron de maravilla! esperamos que vos guste!!!

OBrADoiRo dE cóMiC I

Os alumnos de 3º ESO fixeron un obradoiro a tinta chinesa cos debuxos do cómic de "The Walking Dead" que combinan xenialmente coa letra do famosísimo éxito de Michael Jackson "Thriller".
Bota unha ollada aos novos cómics que temos na biblio!!!

viernes, 7 de junio de 2019

coNceRts of 20th cEnTurY

Os rapaces de 4º ESO fixeron estes creativos carteis de concertos de famosísimos grupos do s. XX.
A verdade é que quedaron moi chulos!!!

martes, 4 de junio de 2019

proGRAma de raDio tu CAra mE suEna II

As rapazas de 1º ESO que fixeron de Mecano no concurso de imitacións "Tu cara me suena" tamén quixeron comentarnos as súas opinións tra la participación no festival!

lunes, 3 de junio de 2019

proGRAma de raDio tu CAra mE suEna I

Os gañadores do concurso de imitación "Tu cara me suena", Queen e Spic Girls, quixeron compartir connosco as súas sensacións cando estaban actuando e a emoción de gañalos premios!!!