martes, 17 de noviembre de 2015
xOGOS pOPULARES nO mAGOSTO
Este luns 16 de novembro celebramos o magosto no CPI Domingo Fontán. Como vén sendo habitual celebramos a xornada nas horas da tarde e acompañamos o asado de castañas con algúns xogos tradicionais. Mais este curso, dado que o proxecto da biblioteca é "xogos, bailes, danzas e deportes", realizamos máis actividades ca nunca sobre este tema.
Na realización das actividades, ademais do Equipo de Biblioteca e Extraescolares, participou activamente o EDLG que se encargou de contactar cunha asociación dedicada á recuperación do xogo popular e tradicional e que nos enviou un lote de 25 xogos para o centro (ao longo do curso enviaranos outros lotes tamén de 25 xogos, todos distintos)
Ademais, realizáronse algunhas actividades extras relacionadas con xogos tradicionais: o pano, o tira-puxa da corda, birlos,.... As escollas de equipo nas competicións grupais fixéronse co tradicional "Pasa Martiño" ou "Pasa Perico" (versión autóctona da que é unha variante o coñecido "Pasimisí, pasimisó").
Ao final resultou moi entretida a tarde, recuperando parte da nosa tradición cultural lúdica ao tempo que pasabamos uns intres divertidos e, como non, degustabamos unhas saborosas castañas asadas pola dirección do centro coa axuda de integrantes da ANPA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario