martes, 27 de febrero de 2018

loNdoN

Os alumnos de Gravado e Estampación de 1º e 2º ESO empregaron gomas de borrar para facer estes sellos con motivos relacionados coa cidade de Londres... despois os estamparon con tintas vermellas e azuis... quedaron bastante chulos!!!

lisTado daS lecTuraS oBrigaToriaS


A profe Pilar de Lengua Castellana fixo estes listados ilustrados coas lecturas obrigatorias para Secundaria dos Departamentos de Castelán, Galego e Inglés para este curso 2017/18.

Están colgados en cadenseu andel e quedan moi bonitos na biblio, ademais son moi prácticos, pois inclúen as sinaturas para que poidades atopalos rapidamente!!!.


lunes, 26 de febrero de 2018

exposiCión roSalíA de cAstRo

O 24 de Febreiro celébrase o Día de Rosalía, e a profe María do Departamento de Galego conseguiú traer esta completa exposición sobre a autora que permanecerá preto dun mes na entrada e na galería do noso centro. Esperamos que vos guste!

sábado, 24 de febrero de 2018

díA de roSalíA

Os alumnos de 1º ESOfixeron estas representacións como homenaxe a Rosalía de Castro organizadas polo Departamento de Galego:

jueves, 22 de febrero de 2018

foRgeS

El humorista gráfico Antonio Fraguas de Pablo, más conocido como Forges, murió hoy a los 76 años en Madrid.

miércoles, 21 de febrero de 2018

díA inTernaCionaL de la lenGua maTernA


Durante os últimos 20 anos, a UNESCO celebrou o Día Internacional da Lingua Materna cada 21 de febreiro co obxectivo de preservar a diversidade lingüística e promover a educación multilingüe baseada na lingua materna.
A UNESCO invita a todos os Estados membros a celebrar este día en tantos idiomas como sexa posible para lembrar que a diversidade lingüística e o multilingüismo son esenciais para o desenvolvemento sostible.

O Departamento de Galego fixo esta exposición para celebralo!!!

lunes, 19 de febrero de 2018

axEnciA de viAxeS poRtaS.coM

Os alumnos de 6º de Primaria fixeron este simpatiquísimo vídeo da súa axencia de viaxes Portas.com!!!


miércoles, 14 de febrero de 2018

Día de San Valentín 2018




Os alumnos de 3º da ESO tiveron a idea de facer unha recollida de cartas de amor/amizade para o Día de San Valentín e decoraron estas urnas para que todo o colexio poida depositar as súas misivas.


O reparto farase nos vindeiros días, por coincidir este día en festivo.

Feliz día dos namorados a todos!!!

viernes, 9 de febrero de 2018

enTroiDo 2018

Todo o centro traballou a reo para elaborar os disfraces deste Entroido co tema do Proxecto da Biblioteca para o curso 2017/18: AS VIAXES.
Aquí tendes algunhas das imaxes deste marabilloso día:

  • Pola semana o Equipo de Extraescolares convidounos a ver con algún simpático complemento na cabeza ou no pescozo, maquillados e en pixama!:
  • Algunhas imaxes do "making-of" (preparación):
  • Fotos do desfile pola zona (aínda que moi breve por mor da ameaza de choiva):








  • Festa no ximnasio para todo o centro:










  • Decoración do corredor con máscaras venecianas:

Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

martes, 6 de febrero de 2018

aTlas liTeraRioS

Co motivo do Proxecto "As Viaxes", no panel da Biblioteca lembramos varias imaxes e mapas das localizacións (reais ou ficticias) dalgúns dos libros máis coñecidos da Literatura Universal: Robinson Crusoe, A Princesa Prometida, Canción de Xeo e Fogo (Xogo de Tronos), O Señor dos Aneis, O Hobbit, A Divina Comedia, A Odisea, Moby Dick, Mort...
A maioría deles están á vosa disposición na nosa Biblioteca... non te adentres neles sen mapa!!!
Hai pouco vense de publicar un fermoso libro sobre este tema que pronto tamén teremos na biblio:

Trazado. Un atlas literario, obra de Andrew Degraff e Daniel Harmon.

Para outras referencias a este tema visita as webs:

domingo, 4 de febrero de 2018

a loNgA viaXe dos eXiliaDos galEgoS

O Departamento de Galego xunto cos alumnos de 4º da ESO elaborou este panel co destino de moitos dos intelectuais galegos que se viron obrigados a abandonar o país por mor da Guerra Civil española e a represión que lle sucedeu: