jueves, 22 de septiembre de 2022

díA euRopeO daS linGuaS 2022

O Día Europeo das Linguas celébrase o 26 de Setembro por iniciativa do Consello de Europa, para poñer en valor a diversidade lingüística europea e para promover a aprendizaxe de idiomas.

A Unión Europea recoñece 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias. Ademais, no territorio europeo fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

Para festexar esta data, a profe Susana do Departamento de Inglés fixo este taboleiro cos alumnos de 3º da ESO. Nel escribiron algunhas citas famosísimas de personaxes célebres no seu idioma orixinal así coma en Inglés e en Español.

To conmemorate the Day of European languages the students of 3ESO have created this exhibition with famous quotes by different personalities (Einstein, Descartes, Oscar Wilde...).

The quotes are in the original language, English and Spanish.

A Xunta, o Consello de Europa, o Instituto Cervantes e moitas outras organizacións tamén propoñen todos os anos algunhas actividades para celebrar este día... para saber máis PREMEDE NESTE LINK!


jueves, 1 de septiembre de 2022

cdU da coNtornA

Xa temos moi avanzado o rexistro de fondos coa nova CDU 04 que leva unha liña distintiva cor laranxa claro para sinalar os fondos relacionados coa contorna, co Concello de Portas, coas publicacións do noso propio CPI e con todo o relacionado con Domingo Fontán, o científico do que levamos o nome.

Esperamos que vos guste!!!