sábado, 25 de noviembre de 2017

Actuación do club de lectura contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro vense conmemorando o día internacional contra a violencia machista. Como coincide en sábado, o club de lectura preparamos unha obra para o venres 24. O conto "A voda de Leila" incluído no libro O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro foi o escollido polo club de lectura de 2º de ESO para concienciar sobre as violencias que se exercen sobre a muller, neste caso polo tema de matrimonios amañados en diversas culturas que obrigan a casar a nenas con homes maiores.
A obra foi representada polo club de lectura de 2º de ESO e actuamos en dúas quendas para toda a ESO. Esta actuación insírese dentro das actividades organizadas pola biblioteca, xa que, como se puido apreciar, o Equipo da Biblioteca encheu de carteis todo o centro contra a violencia machista.

eSpaZo liBre de viOlenCia mAchiSta


O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.


Dende a Biblioteca do C.P.I. Domingo Fontán de Portas sumámonos á campaña "Espazos Libres de Violencias Machistas" provomovida por varios concellos galegos enchendo as nosas paredes de carteis contra esta lacra e elaborando o noso propio!.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

oBradOiRo de cAligrAfíA

Os alumnos de 2º, 3º e 4º ESO participaron nun obradoiro sobre caligrafía medieval con pluma no Museo do Mar de Vigo. Todos fixeron cadansúa "bula" cos renglóns de barras de chumbio e cunha fermosa Letra Capital, imitando aos copistas de Idade Media...
Quedaron chulísimas!!!


o peRgamiÑo viNdeL

Hoxe fumos de excursión ao Museo do Mar de Vigo para ver a exposición "O Pergamiño Vindel: Un Tesouro en Sete Cantigas", que estará brevemente en Galicia.
O fermosísimo pergamiño que contén as cantigas de Martín Códax está rodeado doutras importantes pezas da Idade Media, que os guías nos foron explicando nun percorrido moi interesante!

miércoles, 8 de noviembre de 2017

TYPICAL COSTUMES AROUND THE WORLD


Os alumnos de 2º da ESO fixeron, na clase de inglés,  un mural con fotos de traxes típicos do mundo e acompañaron cada foto de unha descripción da roupa .


Como vedes os traxes son moi variados e chamativos , pero é só unha pequena mostra da gran diversidade que hai e que forman parte das distintas culturas do mundo.

martes, 31 de octubre de 2017

aPócEmaS máXicaS de 3ºB de pRimaRia


      Para festexar o Samaín, os rapaces de 3ºB de Primaria fixeron cadansúa apócema máxica coa profesora América: empregaron ingredientes noxentos pero moi moi moi imaxinativos!. Aquí os ensinamos unha presentación con todas elas... Seguide a receita ao pé da letra para que funcionen e... sobre todo... non esquezades as palabras máxicas!!!.

Actuacións na biblio polo Samaín


Coma todos os anos, no Samaín, o club de lectura realizou a dramatización de diversas obras na biblioteca.

O club de Primaria actuou para Infantil e Primaria e interpretou as seguintes obras

Taneke, a princesa das bruxas

A min non me comas

A lenda da discoteca Androides

O club temático de inglés preparou dúas dramatización neste idioma e actuou para 5º e 6º de Primaria e para toda a ESO.

O club de 1º de ESO actuou en galego para toda a ESO con dous contos

lunes, 30 de octubre de 2017

maRcapáXinaS do sAmAín

Xa están preparados os marcapáxinas do Samaín 2017... pasa pola Biblio a recollelos cando queiras!

domingo, 29 de octubre de 2017

meiGaS

Os alumnos de Plástica de 3º e 4º ESO fixeron debuxos a lapis e grafito acuarelable con cadansúa meiga... quedaron de marabilla!!!

reCoMendaCiónS para o sAmAín

Fixemos esta exposición a carón da biblioteca con aqueles libros que vos recomendamos para estes días... todos arrepiantes!!!. Amosamos nela, ademais, as moitas novidades que adquirimos este ano para a nosa biblioteca: It, Brujas, a segunda parte do Pequeno Vampiro, O baúl dos Monstros ou o fermosísimo cómic Casos Violentos: