A UNESCO celebra esta derradeira semana de Outubro a "Global Media and Information Literacy Week" que busca promover a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI).
Dende a Biblioteca do CPI Domingo Fontán levamos varios cursos tratando de avanzar neste campo cos nosos alumnos, favorecendo o pensamento crítico e creativo, así como o respecto aos dereitos de autor, sempre en loita contra a desinformación.
Este curso queremos unirnos ao "Pacto dos Mil Clicks" da UNESCO... Tratando de cumprir os seus 6 puntos:
Botade unha ollada ao seu vídeo:
Tamén podes revisar a ligazón da Asesoría de Bibliotecas sobre o tema premendo AQUÍ!
e ao apartado que fixemos sobre este tema na web do cole, premendo AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario