Desde o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Club de Lectura, estivemos a preparar algunhas actividades para o Día da Paz. A celebración realizouse o Día 31 de xaneiro porque o Día 30 parte do alumnado faltaba porque tiña unha saída cunha actividade deportiva escolar.
Para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria preparouse unha adaptación do conto Juul, que fala do acoso infantil e os insultos na nenez representados na figura dun boneco.
Para segundo e terceiro ciclo de Primaria leuse o mesmo conto na versión íntegra. Logo, tanto en infantil como en primaria tiñan que axudar a reconstruír a Juul dicíndolle cousas positivas para que reintegrase as súas partes.
Na ESO narrouse o conto "os dous monstros" e logo houbo que facer un resumo a través de 3 viñetas da historia, ao tempo que se escoitaban cancións sobre a paz diversas ás que ao final lle había que outorgar unha nota. Finalmente había que escoller un dos temas e explicar por que gustou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario