jueves, 25 de junio de 2020

Mediametraxe sobre «Harry Potter»

Como xa anunciaramos anteriormente, Zaira Ruibal Rivas e Simón Seijo García, alumnos de 2º de ESO, prometían continuar abraiándonos co seu talento para a cinematografía que xa demostraran coa curta «El auga deshidrata», realizada como tarefa da materia de Lingua Castelá e Literatura. O que non podiamos de ningunha maneira enxergar era que esta segunda entrega sería a dunha mediametraxe de 45 minutos sobre o universo de Harry Potter, creado pola escritora J. K. Rowling
Segundo eles mesmos confesan, os libros desta saga resultáronlles de vital importancia durante o periodo de confinamento. Como teredes ocasión de comprobar, non só son uns auténticos expertos na materia da que falan, senón que tamén dominan á perfección a linguaxe audiovisual. Gustaríanos salientar a asombrosa capacidade que demostran Simón e Zaira para mesturar o rigor expositivo e documental coa ficción e a orixinalidade interpretativa. Confiamos en que non abandonen endexamais esta paixón pola séptima arte e que sigan facéndonos partícipes de marabillosos traballos como o que aquí presentamos. 
Unha vez máis, moitísimas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
 



N.B. Por mor de cuestións técnicas, a versión da mediametraxe que presentamos aquí non ten toda a calidade de imaxe que desexariamos. Agardamos que non sexa un impedimento para o desfrute da mesma.

1 comentario: