lunes, 27 de marzo de 2023
esCoLa de fAmiLiaS
Grazas á eliminación dos protocolos anti-Covid, puidemos abrir a nosa biblioteca á Escola de Familias organizada polo Departamento de Orientación, así como a varias charlas sobre Educación Emocional, dentro dun PFPP novo deste curso.
sábado, 3 de diciembre de 2022
día InternaCionaL das personAs con DiscApAcidAde
O Equipo de orientación organizou unha preciosa actividade para festexar o Día internacional das personas con Discapacidade que se celebra o 3 de Decembro.
A actividade titúlase "Baixo o Mesmo Paraugas" e quere axudar a visibilizar os problemas aos que se enfronta este colectivo!
#baixoomesmoparaugas
viernes, 26 de noviembre de 2021
25 NovemBro: o CPI contra a VioLencia de XéNeRo
O Departamento de Orientación organizou co Concello de Portas un obradoiro moi interesante para fomentar a igualdade en E. Primaria.
"A Igualdade Paso a Paso" consistiu en pintar cadanseu zapato cor violeta e plantar neles unha semente. O obxectivo era representar o camiño cara a igualdade e rexeitar todo tipo de violencia machista!
domingo, 28 de junio de 2020
equiPo de iGualdadE
"Es muller e
sénteste sobrecargada? Sentes que a mochila con pedras se vai enchendo
paulatinamente? Ves aquí a todas as mulleres que coñeces? A carga invisible
pero pesada que temos por nacer mulleres".
"Que pensamos
ante unha conversa aparentemente normal? O que din mulleres e homes está
estereotipado? Depende quen fale imaxinamos un tema ou outro?
As diferenzas
sociais acentúanse por cuestións de xénero? Ao final xogamos todas e todos o
mesmo partido?"
"As profesións
teñen xénero? É casualidade que haxa profesións con máis presenza de mulleres e
outras de homes? Porque hai máis profesorado de danza muller? Porque hai máis
enxeñeiros home? Con estes interrogantes o noso alumnado cuestionaba a
realidade. Dende os xoguetes que nos regalan na máis tenra infancia ata a
elección da profesión imos construíndo un sistema de estereotipos que nos
condicionan nas nosas eleccións."




