Participamos un ano máis na carreira CORRELINGUA en Pontevedra para promocionar o emprego do Galego.
Este curso estreamos pancarta profesional!
Este curso estreamos pancarta profesional!
Co gallo do cabo de ano do noso compañeiro Xan, fixemos un emotivo acto no colexio no que participaron os alumnos do Club de Lectura.
Houbo lecturas e música, entrega dos premios que levan dende agora o seu nome, escritos recompilados nun libro e inauguración dunha placa da biblio e dun banco de lectura.
Para festexar o Día das letras Galegas 2025 fomos a Caldas á FESTA DA LINGUA organizada pola asociación Terras do Umia que contou coa actuación de moitos dos nosos alumnos e, para rematar, das Tanxugueiras.
este acto foi, daemais, unha sentida homenaxe ao noso compañeiro Xan Constenla, coordinador do club de lectura e membro moi importante do noso Equipo da Biblioteca.
A profe María Roma, de Galego, fixo cos seus alumnos da ESO este fermoso proxecto artístico-literario baseado no libro "Europa Express" de Andrea Maceiras.
Para celebrar o Día da Poesía 2025 fixemos unha exposición de caligramas realizados polos alumnos de 3º e 4º da ESO na materia de Galego coa profe María Roma.
En Expresión Artística os alumnos de 4º fixeron unha actividade plástica co poema de Quevedo "Definición de Amor".
Esperamos que vos guste!!!
Varios dos nosos alumnos de Primaria e Secundaria quedaron finalistas no X Certame de Relato Curto organizado pola FANPA (Federación de ANPAS de Pontevedra) coa colaboración da Editorial Kalandraka e do Concello de Pontevedra.
Ademais dun diploma na entrega de premios, estes escritores noveles viron os seus relatos publicados nun libro que recibiron coma agasallo.
Noraboa a Lara, Estela, Icía, Laura, Ulises, Noelia, Mariña, Sabela Navia, Roi, Alba, Sabela Núñez e Mauro!!!
Para máis información premede nesta LIGAZÓN
Os alumnos de 1º de Primaria, coa profe María, traballaron sobre o libro "As pitas baixo a choiva" de Carvallo Calero.
Disfrutaron e aprenderon moitísimo. Aquí os deixamos algunhas das súas creacións: