Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de febrero de 2022

caRtaS de aMor


 Os alumnos de 4ºESO fixeron un obradoiro de caligrafía co gallo da celebración de San Valentín.

Consistiu na recreación de varias cartas de amor de personaxes célebres, especialmente de varios escritores, empregando papel envellecido e plumas con tinta chinesa.

Algunhas das máis bonitas foron éstas: 

De Artur Rimbaud a Paul Verlaine, de Henry Miller a Anais Nin, de Oscar Wilde a Lord Alfred Douglas, de John Keats a Fanny...

Ao final empregamos selos de lacre para decoralas!

miércoles, 30 de junio de 2021

acciÓn poÉtica 2021

Aroveitando que volveo o bo tempo, os alumnos de 4º de EPVA realizaron a "Acción Poética" deste curso: NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA... que cremos que resume este ano tan complicado!

viernes, 18 de junio de 2021

muRal soBre paTrimoNio LocaL


 "PINTANDO PORTAS" é o título deste mural sobre patrimonio local que estamos a pintar nunha das fachadas do colexio...

Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!

lunes, 8 de marzo de 2021

muRal 8M

Os alumnos de 4º quixeron decorar unha columna da súa aula para celebrar a IGUALDADE.

Moitas grazas a Aroa, Mariña, Lucía M, Lucía F e Félix polo seu traballo!

domingo, 21 de junio de 2020

OuLiPo



Na materia de Lingua Castelá e Literatura improvisamos un obradoiro de literatura potencial a imitación do grupo de experimentación literaria OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle) que fundaran o escritor Raymond Queneau e o matemático François Le Lionnais no ano 1960 e que, a través de xogos lóxicos, problemas matemáticos e constricións, perseguía crear obras diferentes e orixinais. 
Propuxémoslles aos nosos alumnos dúas tarefas diferentes. A primeira delas era unha bóla de neve de lonxitude n, que é un poema cuxo primeiro verso está formado por unha palabra dunha única letra, o segundo dunha palabra con dúas letras, etc., ata o n-ésimo, que consta dun verso con n letras. Neste caso tratábase de facer unha bóla de neve de lonxitude 10, aínda que algún dos nosos autores optou por facer algunha variación máis complicada.
Podedes atopar os resultados na seguinte presentación (lembrade premer no botón de pausa para ler con atención os textos):





A segunda das tarefas estaba pensada como unha homenaxe ao novelista francés Georges Perec (1936-1982), concretamente á súa novela La disparition (1969), na que ao longo das súas trescentas páxinas non aparecía a letra E, a máis frecuente no francés. A novela foi traducida ao castelán como El secuestro, e nesa versión omitiuse o A, a letra máis empregada neste idioma.

Georges Perec


Así pois, os nosos alumnos escribiron un lipograma, isto é, un texto no que se omite sistematicamente algunha letra do alfabeto, neste caso o A. Nestoutra presentación podedes ver os curiosos e simpáticos resultados:



miércoles, 17 de junio de 2020

Medo e outros animais


Paula Rego - Good Dog


Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que se atrevesen a exorcizar os seus medos e temores. Que mellor xeito hai de facelo que escribindo poesía? Para iso, seguiron o modelo do poema «Fear», do escritor estadounidense Raymond Carver, e que souberon adaptar ás súas necesidades individuais.
Algúns deles, porén, preferiron indagar noutros sentimentos ou emocións diferentes, como a ledicia, a tenrura, o afecto... e mesmo nos soños. Algunha rapaza contribuíu tamén cun poema un chisco diferente...
Na seguinte presentación podedes atopar un bo feixe de fermosos textos (tedes a opción de poñela en pausa para lelos co detemento que requiren e merecen). Moitas grazas e parabéns a todos!
 

viernes, 12 de junio de 2020

Cabaret Voltaire


Nesta ocasión, os nosos alumnos de Lingua Castelá e Literatura deixáronse inspirar polos manifestos de Tristan Tzara e seguiron as súas instrucións para elaborar un poema dadaísta. Os resultados son realmente salientables! 
Parécense os poemas aos seus autores? Resultan feiticeiros? Na presentación poderedes comprobalo, pero o grupo dadaísta de Portas nada lle ten que envidiar a Hannah Höch, Hugo Ball ou Kurt Schwitters! Fümms bö wö tää zää Uu, pögiff, kwii Ee!  
Moitas grazas e parabéns a todos!


miércoles, 20 de mayo de 2020

viDeoPoeMa de 4º dA esO


Continúan chegándonos fermosos e emotivos videopoemas feitos polo noso alumnado. Nesta ocasión a autora é Nerea Bretal Estévez (4º ESO), quen, partindo da experiencia colectiva e levándoa ao eido do íntimo, fai unha sentida reflexión sobre a necesidade de decatarmos do que realmente importa e de aprender a valoralo e desfrutalo. Parabéns e moitas grazas!

lunes, 18 de mayo de 2020

nOVo viDeoPoeMa de 4º dA esO


Continúan chegándonos videopoemas feitos polo noso alumnado na asignatura de Lingua Castelá e Literatura. Nesta ocasión compartimos o fermoso traballo de Blanca Arís Ande, de 4º da ESO, no que o lirismo se vencella cunha profunda reflexión sobre o tempo. Parabéns e moitas grazas pola túa marabillosa creación, Blanca!

miércoles, 11 de marzo de 2020

obRaDoiRo de tRianGulaCióN maTemáTicA

O profe M. Bugallo do Departamento de Matemáticas organizou un obradoiro cos alumnos de Matemáticas Académicas de 4º da ESO sobre triangulación.
Os rapaces aprenden así, de xeito práctico, cómo Domingo Fontán tomou algunhas das medidas sobre o terreo para facer a súa famosísima Carta Geométrica!
Así nos sirve como homenaxe ao grande científico do que o noso centro leva o nome.