Mostrando entradas con la etiqueta EPVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EPVA. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2026

sábado, 14 de junio de 2025

acciÓn pOéTica pOrtaS

 

Un curso máis fixemos arte efímero escribindo poemas e cancións de amor polas paredes do colexio.

 

 

 

domingo, 8 de junio de 2025

eXpo sALnéS




 
 
 
A biblioteca participou no Expo Salnés, a feira dos Clubs de Ciencia, cun obradoiro de caligrafía ao estilo de Leonardo da Vinci.
O colexio expuxo varios dos seus proxectos científicos: xardíns eternos, xabóns de glicerina, cianotipias, estampacións de follas, proxectos sobre os sentidos... 
 
 
 

lunes, 5 de mayo de 2025

O PrEZo DE EsTAr á MOdA

 

Aquí temos un resumo dos momentos máis salientables da investigación sobre o lado máis escuro da industria da moda levada a cabo polos alumnos de 2ºESO coa axuda dos fondos da nosa biblioteca.
 

miércoles, 23 de abril de 2025

cenTro de díA da 3ª iDade

 

Acudimos, para preparar o Día das Letras Galegas e o proxecto sobre moda do Departamento de Debuxo,  ao Centro de Día da 3ª Idade de Portas para falar cos maiores sobre moda, remedios naturais e cantigas populares.

Ao final acabamos cantando con eles ao son das pandereitas!

viernes, 21 de marzo de 2025

díA da poEsíA

 

Para celebrar o Día da Poesía 2025 fixemos unha exposición de caligramas realizados polos alumnos de 3º e 4º da ESO na materia de Galego coa profe María Roma.

En Expresión Artística os alumnos de 4º fixeron  unha actividade plástica co poema de Quevedo "Definición de Amor".

Esperamos que vos guste!!!

lunes, 17 de marzo de 2025

díA de saiNt paTriCk

 

Os departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron este taboleiro cos alumnos da Sección Bilingüe de 1º ESO, recén estreada.

sábado, 8 de marzo de 2025

8M


Para festexar o Día da Muller fixemos un proxecto sobre artistas famosas das Vangardas Históricas e coa información fixemos unha exposición no corredor do centro.

viernes, 28 de febrero de 2025

enTroiDo 2025

 

Este curso fixemos unha grande festa de Entroido con disfraces baseados principalmente en libros.

Os profesores foron cada un dun xénero literario e a verdade é que o pasamos de marabilla! 

Na materia de EPVA fabricamos moitos dos complementos dos alumnos da ESO. 


domingo, 23 de febrero de 2025

díA de roSalíA 2025

 


 
Para festexar o Día de Rosalía os alumnos do Club de Lectura fixemos uns proxectos artísticos cos seus poemas que quedaron do máis bonitiños.
Tamén unha exposición cos seus libros.