Os voluntarios de Bibliotecas Escolares Solidarias deste curso decidiron axudar na montaxe de mobles da biblio... Traballaron moito e moi ben!!! aínda que fan un ruido de tolos!
Moitas grazas a Bianca, Nerea, Xurxo, Carla e Yago.
Os voluntarios de Bibliotecas Escolares Solidarias deste curso decidiron axudar na montaxe de mobles da biblio... Traballaron moito e moi ben!!! aínda que fan un ruido de tolos!
Moitas grazas a Bianca, Nerea, Xurxo, Carla e Yago.
Ramón, o noso conserxe, esforzouse a reo para montar todos os novos mobles da biblio!
Ademais repintou a parede e ancorou todas as estanterías para que sexan seguras para os rapaces.
Todo está quedando moi chulo... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Grazas ao orzamento para equipamento otorgado pola Xunta no Proxecto PLAMBE puidemos adquirir uns novos complementos para a nosa biblio: un moble de caixóns vermello para os xogos da B. Inclusiva, estanterías específicas para os DVDs, papeleiras con tapa, novos mobles por módulos para libros e un deshumidificador realmente práctico e elegante!
Aproveitamos para facer unha gran redistribución, limpeza e repintado da sala... pronto poremos fotos dos resultados!
Ponse en marcha unha nova páxina web galega que quere ser un referente de sustentabilidade e economía circular: unha fronte informativa e activa contra a cultura de usar e desbotar materiais e produtos que impón unha parte da sociedade de consumo.
Mellor reparar que tirar, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente para “impulsar a colaboración entre as entidades locais e os axentes económicos e sociais para intercambiar coñecementos e contribuír a reparación e reutilización de materiais”.