Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de septiembre de 2022

díA euRopeO daS linGuaS 2022

O Día Europeo das Linguas celébrase o 26 de Setembro por iniciativa do Consello de Europa, para poñer en valor a diversidade lingüística europea e para promover a aprendizaxe de idiomas.

A Unión Europea recoñece 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias. Ademais, no territorio europeo fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

Para festexar esta data, a profe Susana do Departamento de Inglés fixo este taboleiro cos alumnos de 3º da ESO. Nel escribiron algunhas citas famosísimas de personaxes célebres no seu idioma orixinal así coma en Inglés e en Español.

To conmemorate the Day of European languages the students of 3ESO have created this exhibition with famous quotes by different personalities (Einstein, Descartes, Oscar Wilde...).

The quotes are in the original language, English and Spanish.

A Xunta, o Consello de Europa, o Instituto Cervantes e moitas outras organizacións tamén propoñen todos os anos algunhas actividades para celebrar este día... para saber máis PREMEDE NESTE LINK!


jueves, 9 de junio de 2022

iluStraCión


 Un curso máis, na ESO levamos a cabo un obradoiro de ilustración de libros baseado na INVENCIÓN de HUGO.

Os debuxos foron realizados a lapis e a verdade é que saiú estupendo!!!

viernes, 18 de junio de 2021

muRal soBre paTrimoNio LocaL


 "PINTANDO PORTAS" é o título deste mural sobre patrimonio local que estamos a pintar nunha das fachadas do colexio...

Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!

domingo, 21 de junio de 2020

OuLiPo



Na materia de Lingua Castelá e Literatura improvisamos un obradoiro de literatura potencial a imitación do grupo de experimentación literaria OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle) que fundaran o escritor Raymond Queneau e o matemático François Le Lionnais no ano 1960 e que, a través de xogos lóxicos, problemas matemáticos e constricións, perseguía crear obras diferentes e orixinais. 
Propuxémoslles aos nosos alumnos dúas tarefas diferentes. A primeira delas era unha bóla de neve de lonxitude n, que é un poema cuxo primeiro verso está formado por unha palabra dunha única letra, o segundo dunha palabra con dúas letras, etc., ata o n-ésimo, que consta dun verso con n letras. Neste caso tratábase de facer unha bóla de neve de lonxitude 10, aínda que algún dos nosos autores optou por facer algunha variación máis complicada.
Podedes atopar os resultados na seguinte presentación (lembrade premer no botón de pausa para ler con atención os textos):





A segunda das tarefas estaba pensada como unha homenaxe ao novelista francés Georges Perec (1936-1982), concretamente á súa novela La disparition (1969), na que ao longo das súas trescentas páxinas non aparecía a letra E, a máis frecuente no francés. A novela foi traducida ao castelán como El secuestro, e nesa versión omitiuse o A, a letra máis empregada neste idioma.

Georges Perec


Así pois, os nosos alumnos escribiron un lipograma, isto é, un texto no que se omite sistematicamente algunha letra do alfabeto, neste caso o A. Nestoutra presentación podedes ver os curiosos e simpáticos resultados:



miércoles, 17 de junio de 2020

Medo e outros animais


Paula Rego - Good Dog


Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que se atrevesen a exorcizar os seus medos e temores. Que mellor xeito hai de facelo que escribindo poesía? Para iso, seguiron o modelo do poema «Fear», do escritor estadounidense Raymond Carver, e que souberon adaptar ás súas necesidades individuais.
Algúns deles, porén, preferiron indagar noutros sentimentos ou emocións diferentes, como a ledicia, a tenrura, o afecto... e mesmo nos soños. Algunha rapaza contribuíu tamén cun poema un chisco diferente...
Na seguinte presentación podedes atopar un bo feixe de fermosos textos (tedes a opción de poñela en pausa para lelos co detemento que requiren e merecen). Moitas grazas e parabéns a todos!
 

lunes, 15 de junio de 2020

Poesía visual



Na materia de Lingua Castelá e Literatura prupoxémoslles aos nosos alumnos que se achegaran ao fascinante mundo da poesía visual a través dunha escolma de obras de Nicanor Parra, Joan Brossa, Chema Madoz, Guillaume Apollinaire, etc. A continuación eles debían ben facer as súas propias obras seguindo eses modelos, ben compoñer un poema a partir dalgunha das imaxes propostas.
Velaquí tedes os estupendos e suxestivos resultados. Moitas grazas e parabéns a todos!



viernes, 12 de junio de 2020

Cabaret Voltaire


Nesta ocasión, os nosos alumnos de Lingua Castelá e Literatura deixáronse inspirar polos manifestos de Tristan Tzara e seguiron as súas instrucións para elaborar un poema dadaísta. Os resultados son realmente salientables! 
Parécense os poemas aos seus autores? Resultan feiticeiros? Na presentación poderedes comprobalo, pero o grupo dadaísta de Portas nada lle ten que envidiar a Hannah Höch, Hugo Ball ou Kurt Schwitters! Fümms bö wö tää zää Uu, pögiff, kwii Ee!  
Moitas grazas e parabéns a todos!


miércoles, 10 de junio de 2020

faVorite fiLmS anD booKs

Os alumnos de Inglés de 3º da ESO fixeron estes videos para explicarnos cales son os seus libros e pelis favoritos!

lunes, 18 de mayo de 2020

Curtametraxe: «La molinera y el corregidor»


Compartimos aquí a curtametraxe realizada por David Angueira, alumno de 3º ESO B, para a materia de Lingua Castelá e Literatura, e que está inspirada na versión do romance tradicional La molinera y el corregidor musicada polos Hermanos Cubero. Nuria Angueira (1º ESO) e Brais Jamardo (2º ESO B) tamén participaron con cadansúas magníficas interpretacións nunha excelente creación que, sen renunciar á orixinalidade, soubo capturar perfectamente a esencia do poema. Parabéns e moitas grazas aos tres!