Mostrando entradas con la etiqueta 1 Ciclo EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1 Ciclo EP. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de septiembre de 2024

díA das LiNguAs 2

 

Os alumnos de 2º de Primaria, coa profe Jésica, estiveron investigando sobre Europa e fixeron unha exposición ben chula!

viernes, 26 de mayo de 2023

a noSa hoRtA


Este curso aumentamos o noso proxecto sobre ecoloxía e sostenibilidade engadindo unha horta ao noso invernadoiro.

Os alumnos de 2º da profe Jessica aproveitaron a ocasión para ler en grupo o libro "O Gran Libro da Nosa Horta" e aprender moitísimos trucos interesantes para plantar en Primavera!

martes, 2 de marzo de 2021

pitAs baiXo a choiVa

Os alumnos de 1º de Primaria, coa profe María, traballaron sobre o libro "As pitas baixo a choiva" de Carvallo Calero.

Disfrutaron e aprenderon moitísimo. Aquí os deixamos algunhas das súas creacións:


sábado, 13 de febrero de 2021

díA munDiaL da raDio


A nosa RADIO RAPEIRA segue funcionando... a pesares das dificultades!
Este ano, para festexar o Día da Radio (13 de Febreiro) o profe Johnny gravou cos seus alumnos de 2º un podcast explicando cómo é a nosa emisora.
Esperamos que vos guste!!!

miércoles, 3 de junio de 2020

aPadRiñAmenTo lectoR e lecTurA comParTida




Este curso non puidemos facer a xa tradicional xornada de lectura compartida e apadriñamento lector por mor da pandemia 😔
A verdade é que foi unha pena... porque sempre resultaba un día moi interesante e daba lugar a unhas fotos realmente bonitiñas!
Porén, algúns dos nosos alumnos quixeron deixar a súa pegada lendo uns anaquiños dalgúns contos e poemas para facernos máis amena a cuarentena.
Aquí están os seu vídeos... MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!! sodes marabillosos 😊




aniMal riDDle

A teacher Rebeca de Inglés fixo este fermosísimo vídeo cos alumnos de 2º de Primaria que recolle un dos traballos realizados durante o confinamento.
O proxecto consistía en elaborar unha adiviña de xeito cooperativo e acompañala con debuxos de animais que teñen (ou non) o que eles reflexan.
Estes marabillosos alumnos aprenden vocabulario á vez que fomentan a súa creatividade!
Moitísimas grazas a todos por participar!!!
DO YOU DARE TO SOLVE THE RIDDLES???


miércoles, 29 de abril de 2020

lecTuRa coNxunTa

A pesares da situación que estamos a vivir, quixemos facer coma todos os anos unha lectura conxunta para celebrar o Día do Libro.
Aquí tedes algunhas das fotos tan bonitiñas que nos enviaron as familias... moitísimas grazas por participar!!!
Pronto publicaremos tamén uns vídeos... estade atentos!

martes, 21 de abril de 2020

díA do liBrO 2020

Os profes Patricia e Vicente, do 1º Ciclo de E. Primaria, levan todo o curso traballando nun fermoso proxecto sobre Don Quijote!

Primeiro leron a adaptación deste cúmio da Literatura Unirversal que fixo César Bonapara os rapaces máis pequenos.


Despois investigaron sobre a biografía de Cervantes, colorearon o seu debuxo e puxeron o seu nome empregando plumas de verdade... como facía el!

Continuaron por describir aos personaxes facer un traballo plástico con Don Quijote.

Por mor da suspensión das clases polo covid-19 quedaron algunhas cousas no tinteiro... nunca mellor dito!. Especialmente colorear ao seu inseparable escudeiro sancho e encadernar todo cun cordón!
Porén a verdade é que é un proxecto fantástico e os marabillosos rapaces de 1º e 2º traballaron a reo e aprenderon un montón!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!!

jueves, 30 de enero de 2020

dÍa da paZ 2020/2

Os profes Vicente e Patri, do 1º Ciclo de Primaria fixeron cos seus marabillos alumnos esta pomba da Paz con tapóns reciclados.
Quedou realmente preciosa!
Ademais as profes de Infantil, Eva, Yolanda e Flora, fixeron cos máis pequenos do cole estes símblos da paz multicores con material de refugallo para facerlle este bonito marco!:

viernes, 25 de octubre de 2019

SaMAín 2020/3


Os alumnos do 1º Ciclo de E. Primaria tamén se meteron no papel de Día de Mortos e puxeron cor a unhas fermosas catrinas de papel... esperamos que vos gusten.
As colocaremos na nosa exposición da Biblio!!!

sábado, 19 de octubre de 2019

AniMacióN á LecTura

Os profes Vicente e Patricia do 1º Ciclo de E. Primaria fixeron estes pasaportes de lectura para os seus marabillosos nenos!
Esperamos que lean taaaanto coma o curso pasado:



martes, 23 de abril de 2019

árBorE de liBroS

Co gallo do Día do Libro o 1º Ciclo de Primaria fixo unha árbore cos libros preferidos de cada alumno e tamén os colgaron en móbiles!

lunes, 22 de abril de 2019

aniMacióN á lecTuRa

Os alumnos do 1º Ciclo de Primaria anímannos a ler e a visitar a nosa biblio con este simpático vídeo!

domingo, 24 de febrero de 2019

díA de roSaLíA

Os profes do Primeiro Ciclo de Primaria fixeron cos seus alumnos estes paneis para conmemorar o Día de Rosalía de Castro... e quedaron xeniais!!!

viernes, 15 de febrero de 2019

víDeoS muSicAiS de sAn VaLentíN

Os marabillosos profes do 1º Ciclo de EP non paran de traballar!
Co gallo de festexar o Día de San Valentín quixeron facer unha homenaxe musical ás cancións de amor cos seus incríbles alumnos que interpretaron "Girasoles" de Rozalén, "Tengo el Corazón Contento" de Marisol e "No Dudaría", na voz de Rosario Flores.
Atrevéronse incluso coa linguaxe de signos!!!



lunes, 21 de enero de 2019

xoRnaDa na bIbliO doS alumNoS do 1º ciClo de eP

Os profes do 1º Ciclo (Vicente, Goretti e Patricia) organizaron unha xornada moi interesante na nosa Biblio cos alumnos de 1º e 2º de EP para fomentar a lectura a través das adiviñas e fixeron este vídeo para ver o ben que o pasaron...
Tamén farán obradoiros científicos e outras moitas cousas que nos irán amosando!!!

lunes, 10 de diciembre de 2018

NoRmaS da biBliO paRa oS máiS peQuenos

A profe Patricia de 1º EP fixo estas normas máis sinxelas e vistosas para que os máis pequenos poidan entendelas e cumprilas. As colocamos na caixa da persiana para decorar á vez a Biblio!!!

miércoles, 10 de octubre de 2018

marCapáXinaS doS máiS peQueNoS



Os nosos pequenos lectores de 1º e 2º de Primaria fixeron os seus propios marcapáxinas gracias aos seus profes Patricia e Vicente... quedaron moi chulos!

Ademais van todos os venres á biblio a buscar libros e a botar unha ollada ás novidades!



lunes, 8 de octubre de 2018

paSaporTes de LecTura

A profe Patricia de 1º de EP e o profe Vicente de 2º deseñaron estes pasaportes de lectura para animar aos seus alumnos a ler na biblio!
Son xeniales e funcionaron de marabilla!!!