Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de mayo de 2025

LeTras gaLegaS 2025

 

Para festexar o Día das Letras Galegas fixemos unha exposición dos fondos sobre as CANTAREIRAS que adquirimos para a nosa biblioteca.


 

viernes, 16 de mayo de 2025

feSta da LinGua

 

Para festexar o Día das letras Galegas 2025 fomos a Caldas á FESTA DA LINGUA organizada pola asociación Terras do Umia que contou coa actuación de moitos dos nosos alumnos e, para rematar, das Tanxugueiras.

este acto foi, daemais, unha sentida homenaxe ao noso compañeiro Xan Constenla, coordinador do club de lectura e membro moi importante do noso Equipo da Biblioteca.

 

martes, 23 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 3

 


Para rematar a nosa celebración das Letras Galegas recibimos a visita do grupo O Correo do Vento que fixo un obradoiro de ilustración cos nosos rapaces de Primaria.
Aquí tedes un vídeo de o ben que o pasaron aprendendo:


lunes, 22 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 2


Vimos de recibir na nosa biblioteca a visita de Antón Mascato para acabar de celebrar o mes das Letras Galegas.

Presentou o cómic da editorial Galaxia sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, titulado "O Home que valía por Mil".

Os rapaces estiveron encantados!!




miércoles, 17 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 1

 

Coma todos os anos, fixemos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados co autor homenaxeado polas Letras Galegas: Fernández del Riego.

viernes, 21 de mayo de 2021

eScriToreS

Grazas ao profe Suso Muíños, que veu facer unha sustitución ao noso cole, recibimos botitas mensaxes en whatsapp respondendo á iniciativa do EDLG sobre nomear con escritores galegos ás nosas aulas.


lunes, 17 de mayo de 2021

díA daS leTras gaLegaS 2021

 



xeLa aRiaS

O Equipo de Dinamización das Letras Galegas organizou varias actividades para festexar o Día de xela Arias.

Acompañou as súas obras creativas cunha exposición dos textos da escritora.


domingo, 17 de mayo de 2020

díA daS letRaS gaLeGas 3

 Seguindo cos nosos proxectos de iniciación no Deseño 3D dentro do proxecto Bibliotecas creativas fixemos algúns deseños sobre Rosalía de Castro.
A idea é seguir con esta tradición todos os anos, facendo un proxecto sobre Carvalho Calero cara Outubro, cando celebremos o Día das Letras Galegas posposto!

díA daS leTraS gaLegaS 2


Carla Ocampo, de 1º ESO, elixiu a Carballo Calero para facer a súa tarefa de "Stencil Art" da materia de Gravado e Estampación.
No programa GIMP convertiu a imaxe en dúas capas: branco e negro, e así obtivo as súas plantillas para estarcido coas que imitar ao xenial Banksy...
Qué marabilla ter alumnas como ela!!!

díA daS leTraS gaLegaS 1

Este ano o Día das Letras galegas tivo que pospoñerse debido ao confinamento por mor do estado de alarma.
Porén moitos dos profes do noso cole quixeron celebrar este día dende a distancia cunha serie de actividades moi chulas para todos os alumnos: un autodefinido, un crucigrama, un xogo interactivo, unha exposición virtual, un quebracabezas de emojis de whatsapp... e ata deseño 3D!
A profe maría de Galego propuso "rechear con cores" un fermoso debuxo de Rosalía de Castro xogando co tipo de palabras... Aquí tendes os resultados:



A Asesoría de Bibliotecas recolleu unha chea de ideas e propostas para festexar este día... BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!!