Mostrando entradas con la etiqueta 2021/22. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2021/22. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de junio de 2022

graFFiti

 


Acabamos o curso 2021/22 cun marabilloso obradoiro de graffiti organizado polo Departaento de Debuxo a cargo do Estudio Culebra de Pontevedra co artista RAS!

Para máis fotos premede no LINK ao blog "Tras os pasos de Domingo Fontán"

martes, 14 de junio de 2022

hoRa de lEr



 Outra xornada marabillosa da "HORA DE LER" no céspede do noso reformado patio!!!

jueves, 9 de junio de 2022

iluStraCión


 Un curso máis, na ESO levamos a cabo un obradoiro de ilustración de libros baseado na INVENCIÓN de HUGO.

Os debuxos foron realizados a lapis e a verdade é que saiú estupendo!!!

miércoles, 1 de junio de 2022

escoLa de xaDreZ


 Co gallo do noso 50º aniversario quixemos tamen lembrar á Escola de Xadrez que entrena na nosa Biblioteca que supón sempre unha chea de premios e recoñecementos incluso a nivel nacional!

jueves, 26 de mayo de 2022


 Animamos a toda a comunidade educativa a que publicase en Twitter coa etiqueta da Biblioteca @BiblioDf, un comentario sobre a súa experiencia no CPI Domingo Fontán co hastag "#estudieino CPI" ou "#traballeinoCPI" segundo fora o caso!

miércoles, 27 de abril de 2022

hisToria da rEviSta

No noso 50º aniversario, tamén queremos lembrar a historia da NOSA revista escolar PALPURIÑA cunha exposición na nosa biblio de todos os exemplares publicados, incluido o monográfico editado polo noso 25º aniversario.

martes, 26 de abril de 2022

hiStoRia do CPi

Dentro das actividades polo 50º aniversario fixemos varias exposicións sobre a historia do noso CPI: fotografías da evolución do edificio, proxectos e premios máis relevantes, imaxes dos alumnos doutras décadas...

Entre elas, para festexar o Día do Libro 2022, fixemos tamén unha con algúns dos escritores aos que lles fixemos unha ilustración e lles dedicamos exposicións nestes últimos anos.

lunes, 4 de abril de 2022

coÑecenDo euRopA con xoGos

 

A profe Jéssica de 6º de EP proponnos coñecer Europa a través duns xogos moi divertidos!!!

Esta actividade forma parte do proxecto de internacionalización do CPI que chamamos "Abrindo Portas a Europa", ao que dedicamos o PLAMBE deste curso:



domingo, 27 de marzo de 2022

reCunCho de orDenadoRes

Reformamos o recuncho de ordenadores da biblioteca para facelo máis ordenado e moito máis práctico!

Esperamos que vos guste:




nueStras noveLas faVoritaS

 


Rosa, la profe de Lengua Castellana de la ESO animó a sus alumnos de 1ºESO a hacer una reseña de sus novelas preferidas.

Con todos los textos hicieron una exposición en el tablón de su aula.

Algunas tenían unos dibujos increíbles!

viernes, 25 de marzo de 2022

xorNadaS plAmBe 2022


A profe Nuria Blanco acudiu ás xornadas PLAMBE que tiveron lugar hoxe en Santiago de Compostela.

O formato volveu a ser presencial, despois das xornadas virtuais do curso pasado por mor dos protocolos antiCovid-19.

As charlas e obradoiros foron do máis interesantes e versaron sobre moitísimos e variados temas: lectura,  literatura, comunicación, alfabetización mediática e informacional...


jueves, 17 de marzo de 2022

díA de saN paTriciO

Os departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron este taboleiro para festexar o Día Nacional de Irlanda, St. Patrick's Day, o 17 de Marzo.

viernes, 25 de febrero de 2022

enTroiDo 2022

Este venres celebramos o Entroido por todo o alto no noso cole!

Grazas ao bó tempo puidemos realizar un desfile no patio, seguindo todos os protocolos antiCovid-19.

Moitísimas grazas aos participantes!

lunes, 14 de febrero de 2022

caRtaS de aMor


 Os alumnos de 4ºESO fixeron un obradoiro de caligrafía co gallo da celebración de San Valentín.

Consistiu na recreación de varias cartas de amor de personaxes célebres, especialmente de varios escritores, empregando papel envellecido e plumas con tinta chinesa.

Algunhas das máis bonitas foron éstas: 

De Artur Rimbaud a Paul Verlaine, de Henry Miller a Anais Nin, de Oscar Wilde a Lord Alfred Douglas, de John Keats a Fanny...

Ao final empregamos selos de lacre para decoralas!

lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Para celebrar tan importante data os estudiantes de 1º de ESO investigaron cómo dicir "PAZ"  en distintas linguaa europeas . Ademáis, tras  unha reflexión e posta en común , escribiron  frases que reflicten las actitudes que teñen na aula os "peacemakers" (pacificadores ) e os "peacebreakers " ( disruptivos). 

Expuseron o seu traballo no taboleiro da biblioteca para que todos poideran ver as súas propostas. 


Moi bo traballo rapaces!!!




lunes, 20 de diciembre de 2021

CHRISTMAS RECOMMENDATIONS : FILMS AND BOOKS

 


The students of 3rd ESO  have created these wonderful videos talking about their favourite books and films. Have a look!!! Maybe you like their recommendations!!!









ÁrboRe de NadAl 2022


As bolas decorativas da nosa árbore de Nadal de este ano levan fermosísimas fotografías de distintos países europeos dentro do noso PLAMBE Europe is the Way... a verdade é que quedou moi bonitiña!



viernes, 17 de diciembre de 2021

LaPoniA

 


Rememoramos a viaxe a Laponia doutros cursos para festexar o PLAMBE deste ano que versa sobre Europa.