Mostrando entradas con la etiqueta CÓMIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CÓMIC. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de enero de 2025

cluB de maNgA 1

 


Este curso creamos o Club de Manga e Anime do colexio, seguindo a estela do Club de Lectura de Cómic Os Atrevidos (de As Portadas de Xan).

Pronto  comezaremos a facer xuntanzas e actividades!

 

domingo, 17 de marzo de 2024

seMaNa do cóMic 2024

Hoxe, 17 de Marzo, celébrase o Día da Banda Deseñada (Cómic) e do TBO.

Nesta LIGAZÓN podedes ver a páxina web creada polo ministerio para conmemorar este día repleta de actividades por toda España.

Dende a Biblioteca do CPI Domingo Fontán queremos unirnos á celebración organizando obradoiros de cómic e manga, exposición de fondos da biblio, deseño e reparto de marcapáxinas...

sábado, 31 de octubre de 2020

saMaín 2020

Obradoiro de Cómic: THE WALKING DEAD

Os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron un obradoiro de cómic baseado na saga dos Mortos Vivientes, empregando tinta chinesa.

A verdade é que os resultados foron moi bos!

Seguindo o protocolo anti-Covid non espuxemos os traballos no taboleiro coma outros anos, porén podedes botarlles unha ollada as fotos.


jueves, 1 de octubre de 2020

adeUs a quiNo


Hoxe deixounos Joaquín Salvador Lavado, o famoso QUINO, creador da inmortal Mafalda.

Eu tiven o honor de coñecelo, hai xa moitos anos, cando veu a Sanxenxo con Juan Padrón, outro gran debuxante, que tamén nos deixou hai ben pouco 😔

Aquí deixamos algúns links a varios xornais que recollen esta triste nova:

La Vanguardia

El País

El Mundo

miércoles, 29 de julio de 2020

pRemiO eiSneR 2020

A ilustradora galega Emma Ríos gañou o premio Eisner 2020 á mellor portada polo seu traballo en "Bella Muerte 3. La rata", publicado en castelán pola editorial vasca especializada en novela gráfica Astiberri.

martes, 24 de marzo de 2020

AlberT udErZo



Morre, aos 92 anos, o marabilloso debuxante Albert UDERZO.
Foi o ilustrador das aventuras de Astérix, das que hai publicados 38 álbumes, traducidos a 111 linguas!
Fai uns anos dedicámoslle unha sección na exposición que fixo o Departamento de Francés sobre Bretaña.
 Aquí tedes un artigo en La Vanguardia.


miércoles, 19 de junio de 2019

obRadOiro dE cóMiC II

Os alumnos de EPVA de 4º ESO fixeron un obradoiro de tinta chinesa e grafito líquido sobre o novo cómic da biblio "SANDMAN" de Neil Gaiman, e representaron non só ao famoso home da area, senón tamén a outros dos"eternos" que o acompañan.
De paso fixemos un achegamento á famosísima canción de Metallica que leva o seu nome!

lunes, 10 de junio de 2019

OBrADoiRo dE cóMiC I

Os alumnos de 3º ESO fixeron un obradoiro a tinta chinesa cos debuxos do cómic de "The Walking Dead" que combinan xenialmente coa letra do famosísimo éxito de Michael Jackson "Thriller".
Bota unha ollada aos novos cómics que temos na biblio!!!

lunes, 12 de noviembre de 2018

sTaN Lee


A banda deseñada está de loito pola morte do escritor Stan Lee, creador do "Universo Marvel" con personaxes inesquecibles como os X-Men, Os Vengadores... ou o marabilloso Spiderman!!!

Stan Lee case sempre estivo acompañado polos debuxantes Stev Ditko e Jack Kirby.

Ademais fixo "cameos" en case todas as películas baseadas nos seus superheroes e incluso aparece na serie The Big Bang Theory interpretándose a si mesmo!

domingo, 25 de mayo de 2014

QUINO, EL CREADOR DE MAFALDA, GANA EL PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN Y HUMANIDADES

Quino recibe el galardón cuando Mafalda , una niña que odia la sopa y está en permanente conflicto con los adultos, cumplirá en septiembre los cincuenta años . El jurado que concede la distinción tuvo en cuenta el "enorme valor educativo" y "dimensión universal" de su obra y la grandeza de unos personajes que "trascienden cualquier geografía, edad y condición social".