Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE 2020/21. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE 2020/21. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de mayo de 2021

o camiÑo de sanTiaGo

Creamos un novo apartado dentro da CDU 9 (Xeografía · Viaxes · Historia) por mor do grande número de fondos que fomos adquirindo este curso sobre o Camiño de Santiago grazas ao tema do noso PLAMBE 20/21 e do proxecto eTwinning que estamos a coordinar: Europe is the Way.

Premede NESTA LIGAZÓN para ver a entrada no blog de Proxectos Europeos do cole!



viernes, 16 de abril de 2021

xorNadaS pLamBe 2021

Este ano as Xornadas dos centros do Plan de Bibliotecas Escolares de Galicia puderon celebrarse... aínda que de xeito virtual.

A verdade é que o resultado foi moi bo e as ponencias, coma sempre, realmente interesantes!

Moita da temática versou sobre a educación ALFIN e Mediática, a Biblioteca Inclusiva e a Animación á Lectura, aínda que tamén da motivación e da superación dos problemas da pandemia.

Estas xornadas, moi intensas, tiveron un peche de luxo coa entrevista a Irene Vallejo, gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2020 coa súa obra sobre libros e bibliotecas "El infinito en un Junco".

Esta entrevista, chea de amor polos libros, resultou realmente inspiradora para seguir a traballar na nosa biblio con renovado entusiasmo!!!




lunes, 26 de octubre de 2020

coMenZanDo o caMiñO

Os rapaces de 3º de EP, coa súa profe Patri, comezaron xa a adentrarse no proxecto deste ano do noso PLAMBE: "O Camiño de Santiago".

Fixeron cadansúa cuncha de PEREGRINO coa CRUZ DE SANTIAGO para poñela ao pescozo... quedaron moi ben!!!