Os departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron este taboleiro cos alumnos da Sección Bilingüe de 1º ESO, recén estreada.
lunes, 17 de marzo de 2025
jueves, 30 de enero de 2025
díA da paZ
Este curso fixemos un taboleiro en Inglés con palabras fermosas e personaxes célebres.
Tamén participamos na escritura do "Manifesto pola Paz" do corredor do centro, que despois asinaron todos os alumnos do colexio!
lunes, 20 de enero de 2025
díA de maRtiN luTher kiNg 2025
Para festexar o día de este loitador polos dereitos civís, dende a Sección Bilingüe de 1º ESO quixemos facer un proxecto sobre bos desexos, ademais de falar un pouco da vida e obra de Luther King.
viernes, 29 de noviembre de 2024
piaLe en Toronto
Os profes Carlos, Sara e Susana, do equipo da biblio, fomos este mes de novembro a facer unha observación de boas prácticas en dous institutos de Toronto (Canadá).
Entre moitas cousas interesantes, puidemos achegarnos a varias bibliotecas públicas con moitos servizos á comunidade. Tamén as bibliotecas dos dous colexios fan un labor moi valioso, por exemplo cos programas de almorzo saudable gratuitos para o alumnado máis desfavorecido.
Tamén visitamos museos, galerías de arte, parques naturais e, por suposto, as Cataratas do Niágara!
Para máis información e fotos visitade a nosa conta de Instagram.
viernes, 27 de septiembre de 2024
LiNguaS poLa pAz
Para colaborar no proxecto do Consello de Europa para a celebración do Día da Lingua, fixemos en 3º e 4º ESO varios proxectos sobre a Arte baseados en obras de Picasso, Dalí, Castelao, Banksy...
Tamén puxemos a palabra "PAZ" en moitos idiomas.
PARA REMATAR A CELEBRACIÓN, FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CUNHA ESCOLMA DE FONDOS EN INGLÉS DA NOSA BIBLIO.




