Este ano as Xornadas dos centros do Plan de Bibliotecas Escolares de Galicia puderon celebrarse... aínda que de xeito virtual.
A verdade é que o resultado foi moi bo e as ponencias, coma sempre, realmente interesantes!
Moita da temática versou sobre a educación ALFIN e Mediática, a Biblioteca Inclusiva e a Animación á Lectura, aínda que tamén da motivación e da superación dos problemas da pandemia.
Estas xornadas, moi intensas, tiveron un peche de luxo coa entrevista a Irene Vallejo, gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2020 coa súa obra sobre libros e bibliotecas "El infinito en un Junco".
Esta entrevista, chea de amor polos libros, resultou realmente inspiradora para seguir a traballar na nosa biblio con renovado entusiasmo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario