Hoxe celebramos o Día do Cómic 2025 facendo unha reunión do Club de Lectura de manga da ESO e vendo o primeiro episodio de Dragon Ball en Galego!
AQUÍ TEDES O ENLACE AO APARTADO DE CÓMIC DA WEB DO COLEXIO.
Hoxe celebramos o Día do Cómic 2025 facendo unha reunión do Club de Lectura de manga da ESO e vendo o primeiro episodio de Dragon Ball en Galego!
AQUÍ TEDES O ENLACE AO APARTADO DE CÓMIC DA WEB DO COLEXIO.
Veu falarnos do libro "Luz, a historia non contada" que fala da relación entre o alemán Luz e Jesse Owens, e as consecuencias que tivo para o primeiro.
A verdade é que foi moi ameno e realmente interesante.
Ademais amablemente deunos as grazas na súa conta de instagram!
Este curso fixemos unha grande festa de Entroido con disfraces baseados principalmente en libros.
Os profesores foron cada un dun xénero literario e a verdade é que o pasamos de marabilla!
Na materia de EPVA fabricamos moitos dos complementos dos alumnos da ESO.
Envolvimos todo tipo de libros con papeis fermosísimos que a profe Jésica Marín nos regalou de vellos catálogos de papeis de paredes e os emprestamos "a cegas" a todos os alumnos do colexio.
Trátase dun xeito de animar aos alumnos a achegarse a lecturas que eles posiblemente non elexirían, ademais de facer promoción daqueles libros que habitualmente menos se emprestan.
Tamén participamos na escritura do "Manifesto pola Paz" do corredor do centro, que despois asinaron todos os alumnos do colexio!
Recibimos na biblio a visita da escritora Raquel Castro para falarnos do seu libro "Sobremesas sobre versos".
As profes Luisa (6º ESO) e María Roma (ESO) tiñan xa traballado moito cos seus alumnos e feito estas fermosas ilustracións que colgamos nos taboleiros do corredor.
Os alumnos de Primaria incluso lle fixeron algunhas das receitas do libro para agradecerlle a visita!!!
Para festexar o día de este loitador polos dereitos civís, dende a Sección Bilingüe de 1º ESO quixemos facer un proxecto sobre bos desexos, ademais de falar un pouco da vida e obra de Luther King.
Tamén amosaron unha serie de curtas nas que o grupo Variopinto recollen algunhas situacións de discriminación coas que se atopan todos os días!