Este curso a profe de Relixión, Nuria Blanco, propúxonos unha actividade moi entretida que chamamos "Namórate dun Libro".
Envolvimos todo tipo de libros con papeis fermosísimos que a profe Jésica Marín nos regalou de vellos catálogos de papeis de paredes e os emprestamos "a cegas" a todos os alumnos do colexio.
Trátase dun xeito de animar aos alumnos a achegarse a lecturas que eles posiblemente non elexirían, ademais de facer promoción daqueles libros que habitualmente menos se emprestan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario