miércoles, 30 de abril de 2025

euRopA eXprEss

 

A profe María Roma, de Galego, fixo cos seus alumnos da ESO este fermoso proxecto artístico-literario baseado no libro "Europa Express" de Andrea Maceiras.

 

lunes, 28 de abril de 2025

eMociOnarTe


 Recibimos a visita de Pedro Feijoo para desenvolver un obradoiro literario organizado pola A Fundación, que se basea nas emocións e a creatividade para facer textos literarios. 

miércoles, 23 de abril de 2025

cenTro de díA da 3ª iDade

 

Acudimos, para preparar o Día das Letras Galegas e o proxecto sobre moda do Departamento de Debuxo,  ao Centro de Día da 3ª Idade de Portas para falar cos maiores sobre moda, remedios naturais e cantigas populares.

Ao final acabamos cantando con eles ao son das pandereitas!

viernes, 11 de abril de 2025

o pRezo de eStaR á moDa

 

O equipo de investigación de 2º ESO fixo moitas entrevistas este curso. Aquí amosamos as que fixeron na emisora de Radio Rapeira aos profesores Davinia Outón e Carlos Castro, para falares de trastornos na alimentación e contaminación respectivamente.

viernes, 21 de marzo de 2025

díA da poEsíA

 

Para celebrar o Día da Poesía 2025 fixemos unha exposición de caligramas realizados polos alumnos de 3º e 4º da ESO na materia de Galego coa profe María Roma.

En Expresión Artística os alumnos de 4º fixeron  unha actividade plástica co poema de Quevedo "Definición de Amor".

Esperamos que vos guste!!!

lunes, 17 de marzo de 2025

sábado, 8 de marzo de 2025

8M


Para festexar o Día da Muller fixemos un proxecto sobre artistas famosas das Vangardas Históricas e coa información fixemos unha exposición no corredor do centro.

viernes, 7 de marzo de 2025

FrAnciSco caStRo

Recibimos a visita de Francisco Castro na nosa biblio, no Club de Lectura da ESO e de adultos.

Veu falarnos do libro "Luz, a historia non contada" que fala da relación entre o alemán Luz e Jesse Owens, e as consecuencias que tivo para o primeiro. 

A verdade é que foi moi ameno e realmente interesante.

Ademais amablemente deunos as grazas na súa conta de instagram!