Este curso fixemos un taboleiro en Inglés con palabras fermosas e personaxes célebres.
Tamén participamos na escritura do "Manifesto pola Paz" do corredor do centro, que despois asinaron todos os alumnos do colexio!
Tamén participamos na escritura do "Manifesto pola Paz" do corredor do centro, que despois asinaron todos os alumnos do colexio!
Recibimos na biblio a visita da escritora Raquel Castro para falarnos do seu libro "Sobremesas sobre versos".
As profes Luisa (6º ESO) e María Roma (ESO) tiñan xa traballado moito cos seus alumnos e feito estas fermosas ilustracións que colgamos nos taboleiros do corredor.
Os alumnos de Primaria incluso lle fixeron algunhas das receitas do libro para agradecerlle a visita!!!
Para festexar o día de este loitador polos dereitos civís, dende a Sección Bilingüe de 1º ESO quixemos facer un proxecto sobre bos desexos, ademais de falar un pouco da vida e obra de Luther King.
Tamén amosaron unha serie de curtas nas que o grupo Variopinto recollen algunhas situacións de discriminación coas que se atopan todos os días!
Este curso creamos o Club de Manga e Anime do colexio, seguindo a estela do Club de Lectura de Cómic Os Atrevidos (de As Portadas de Xan).
Pronto comezaremos a facer xuntanzas e actividades!
Elaboramos estrelas con materiais de refugallo e decoramos o colexio.
Os profes Carlos, Sara e Susana, do equipo da biblio, fomos este mes de novembro a facer unha observación de boas prácticas en dous institutos de Toronto (Canadá).
Entre moitas cousas interesantes, puidemos achegarnos a varias bibliotecas públicas con moitos servizos á comunidade. Tamén as bibliotecas dos dous colexios fan un labor moi valioso, por exemplo cos programas de almorzo saudable gratuitos para o alumnado máis desfavorecido.
Tamén visitamos museos, galerías de arte, parques naturais e, por suposto, as Cataratas do Niágara!
Para máis información e fotos visitade a nosa conta de Instagram.