Para o Nadal fixemos unha árbore de folerpas de papeis de libros vellos. Tamén unha exposición de fondos relacionados con estas festas e, en xeral, con valores.
Elaboramos estrelas con materiais de refugallo e decoramos o colexio.
Elaboramos estrelas con materiais de refugallo e decoramos o colexio.
Os profes Carlos, Sara e Susana, do equipo da biblio, fomos este mes de novembro a facer unha observación de boas prácticas en dous institutos de Toronto (Canadá).
Entre moitas cousas interesantes, puidemos achegarnos a varias bibliotecas públicas con moitos servizos á comunidade. Tamén as bibliotecas dos dous colexios fan un labor moi valioso, por exemplo cos programas de almorzo saudable gratuitos para o alumnado máis desfavorecido.
Tamén visitamos museos, galerías de arte, parques naturais e, por suposto, as Cataratas do Niágara!
Para máis información e fotos visitade a nosa conta de Instagram.
Participamos no proxecto europeo "Linguas pola Paz" cun obradoiro e exposición sobre obras de Arte en contra das guerras con obras de artistas coma Picasso, Banksy, Dalí, Castelao...