lunes, 29 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 2

A biblioteca fixo unha exposición e unha guía de lecturas para unirse á celebración da Semana da Cultura Xitana.

Aquí tedes os resultados:



viernes, 26 de mayo de 2023

seMaNa da cuLtuRa xiTana 1

A celebración da Semana da Cultura Xitana no CPI Domingo Fontán comezou coa charla na nosa biblioteca "Somos Referentes" na que dúas rapazas xitanas fixeron unha presentación que causou moito interese no noso alumnado.
Pronto seguiremos comentando as distintas actividades!

a noSa hoRtA


Este curso aumentamos o noso proxecto sobre ecoloxía e sostenibilidade engadindo unha horta ao noso invernadoiro.

Os alumnos de 2º da profe Jessica aproveitaron a ocasión para ler en grupo o libro "O Gran Libro da Nosa Horta" e aprender moitísimos trucos interesantes para plantar en Primavera!

jueves, 25 de mayo de 2023

micRorreLatoS


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ven de entregar os premios aos gañadores do concurso de microrrelatos.

Noraboa a todos e moitas grazas por participar!!!

martes, 23 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 3

 


Para rematar a nosa celebración das Letras Galegas recibimos a visita do grupo O Correo do Vento que fixo un obradoiro de ilustración cos nosos rapaces de Primaria.
Aquí tedes un vídeo de o ben que o pasaron aprendendo:


lunes, 22 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 2


Vimos de recibir na nosa biblioteca a visita de Antón Mascato para acabar de celebrar o mes das Letras Galegas.

Presentou o cómic da editorial Galaxia sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, titulado "O Home que valía por Mil".

Os rapaces estiveron encantados!!




viernes, 19 de mayo de 2023

coRRelinGua 2023

 


Aquí están algunhas das imaxes da nosa participación do noso centro no Correlingua 2023!!!

miércoles, 17 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 1

 

Coma todos os anos, fixemos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados co autor homenaxeado polas Letras Galegas: Fernández del Riego.

martes, 16 de mayo de 2023

andReA macEirAs


Tivemos a sorte de que Andrea Maceiras voltase a visitar a nosa biblioteca este ano.

Os afortunados foron os rapaces de 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO.

Ademais de presentar as súas obras asinou moitos exemplares!!!


 

lunes, 15 de mayo de 2023

eScoLa de XadRez 2023

 

Este ano a Escola de Xadrez de Portas puido retomar a súa actividade normal.

As clases fanse durante todo o ano na nosa biblioteca, e o curso rematou cun grande torneo no ximnasio.