NORABOA AOS PREMIADOS!!!
Os alumnos de Infantil fixeron un proxecto moi riquiño para o mes dos libros sobre o libro "Os Tres Osos".
Dende o Equipo da Biblioteca propoñemos estas lecturas co gallo do Día do Libro 2023.
Botade unha ollada ao vídeo:
I CONCURSO DE CALIGRAMAS CPI DOMINGO FONTÁN
Vimos de celebrar o I Concurso de Caligramas do CPI Domingo Fontán.
Esta é a exposición cos seleccionados e os agasallos que lles esperan aos gañadores. Pronto daremos aos premiados!!!
Para máis información premede neste LINK ao blog Abrindo Portas a Europa.
A profe Susana simó, da ESO, acudiu este ano ás Xornadas do PLAMBE da Asesoría de Bibliotecas que tiveron lugar en Santiago de Compostela o 31 de Marzo.
Todas as ponencias foron moi interesantes, coma sempre, e nos deron moitísimas ideas para implementar na nosa biblio!
Neste 27 de Marzo sumámonos á iniciativa da Comisión Europea do Día dos Autores Europeos, para promover a lectura entre os xóvenes cunha lectura conxunta entre moitos centros educativos de toda Europa.
No noso cole participaron profes, alumnos, persoal non docente, nais...
Para máis información premede neste LINK ao blog de Proxectos Europeos