jueves, 22 de septiembre de 2022

díA euRopeO daS linGuaS 2022

O Día Europeo das Linguas celébrase o 26 de Setembro por iniciativa do Consello de Europa, para poñer en valor a diversidade lingüística europea e para promover a aprendizaxe de idiomas.

A Unión Europea recoñece 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias. Ademais, no territorio europeo fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

Para festexar esta data, a profe Susana do Departamento de Inglés fixo este taboleiro cos alumnos de 3º da ESO. Nel escribiron algunhas citas famosísimas de personaxes célebres no seu idioma orixinal así coma en Inglés e en Español.

To conmemorate the Day of European languages the students of 3ESO have created this exhibition with famous quotes by different personalities (Einstein, Descartes, Oscar Wilde...).

The quotes are in the original language, English and Spanish.

A Xunta, o Consello de Europa, o Instituto Cervantes e moitas outras organizacións tamén propoñen todos os anos algunhas actividades para celebrar este día... para saber máis PREMEDE NESTE LINK!


jueves, 1 de septiembre de 2022

cdU da coNtornA

Xa temos moi avanzado o rexistro de fondos coa nova CDU 04 que leva unha liña distintiva cor laranxa claro para sinalar os fondos relacionados coa contorna, co Concello de Portas, coas publicacións do noso propio CPI e con todo o relacionado con Domingo Fontán, o científico do que levamos o nome.

Esperamos que vos guste!!!

lunes, 20 de junio de 2022

graFFiti

 


Acabamos o curso 2021/22 cun marabilloso obradoiro de graffiti organizado polo Departaento de Debuxo a cargo do Estudio Culebra de Pontevedra co artista RAS!

Para máis fotos premede no LINK ao blog "Tras os pasos de Domingo Fontán"

sábado, 11 de junio de 2022

Premio de Divulgación Científica 2022


Manuel Casalderrey,  Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias


Eu tiven a sorte de ter sempre moi bos profesores... pero case podo dicir que éste foi o mellor.

Noraboa por este tan merecidísimo recoñecemento!!!

LINK ao artigo na Voz de Galicia

jueves, 9 de junio de 2022

iluStraCión


 Un curso máis, na ESO levamos a cabo un obradoiro de ilustración de libros baseado na INVENCIÓN de HUGO.

Os debuxos foron realizados a lapis e a verdade é que saiú estupendo!!!

miércoles, 1 de junio de 2022

escoLa de xaDreZ


 Co gallo do noso 50º aniversario quixemos tamen lembrar á Escola de Xadrez que entrena na nosa Biblioteca que supón sempre unha chea de premios e recoñecementos incluso a nivel nacional!

pegaTinaS


 A Biblioteca deseñou estas pegatinas plateadas para seguir a celebrar o 50º aniversario do noso cole!!!