lunes, 29 de noviembre de 2021

inFerNo de danTe 03

 

Os alumnos de EPVA de 3º e 4º da ESO animáronse a probar coa marabillosa (aunque moi complicada!) técnica da acuarela para recrear algúns pasaxes da Divina Comedia de Dante.

Basearonse nas pinturas de W. Blake e de M. Barceló. Pronto faremos unha exposición cos resultados!





viernes, 26 de noviembre de 2021

cluB de lecTura

O club de lectura de Primaria xa está a reunirse na nosa biblio para preparar as representacións de Nadal!



25 NovemBro: o CPI contra a VioLencia de XéNeRo

O Departamento de Orientación organizou co Concello de Portas un obradoiro moi interesante para fomentar a igualdade en E. Primaria.

"A Igualdade Paso a Paso" consistiu en pintar cadanseu zapato cor violeta e plantar neles unha semente. O obxectivo era representar o camiño cara a igualdade e rexeitar todo tipo de violencia machista!


sábado, 20 de noviembre de 2021

20 noVemBro: día doS deReitoS do neNo


Os alumnos de 1º da ESO fixeron carteis para cadanseu dereito primordial que debe ser garantido a todos os nenos do mundo!

viernes, 19 de noviembre de 2021

meS da ciEnciA en galegO 2021

Co gallo do 50º aniversario do noso colexio fixemos unha exposición cos fondos da nova CDU dedicada á contorna.

Tamén recompilamos todos os números da nosa revista Palpuriña dende 2002... botade unha ollada!!!

E, de paso, lembramos algúns momentos moi relevantes que tiveron que ver coa nosa biblio:

A presentación da Unidade Didáctica do Consello da Cultura Galega, a charla de Marcos Calveiro sobre o seu libro "Fontán", a entrega do libro do proxecto "Tras os Pasos de Domingo Fontán" á Asociación D. Fontán, a charla da nosa exalumna Lúa López sobre a documentación do libro da Carta Xeométrica do que formou parte...

jueves, 18 de noviembre de 2021

meS da ciEnciA en galegO 2021

Para celebrar o mes da Ciencia en Galego queremos presentar a nova CDU -4- creada na Biblioteca para o CPI, Portas e a contorna.

Tamén inclúe a figura do científico do que levamos o nome, Domingo Fontán e as nosas publicacións, entre as que destaca a nosa Revista PALPURIÑA! 



jueves, 4 de noviembre de 2021

saMaín 2021. CemiTerioS

Os alumnos de 1º da ESO fixeron unha revisión dos cemiterios máis fermosos e conmovedores de toda Europa: o cemiterio xudeu de Praga, os Prazeres en Lisboa, Santa Mariña en Cambados, o americano de Normandía, o cemiterio alegre de Rumanía...



miércoles, 3 de noviembre de 2021

saMaín 2021. PreMios de reLatoS de arrePíoS

Dende a Biblioteca Escolar convocamos un concurso de relatos aberto a toda a comunidade educativa coa única condición de que levara a verba "Arrepío".


A participación foi altísima... polo que foi máis difícil decidir os gañadores!

Porén, aquí tedes algúns dos premiados:


saMaín 2021. TaboLeiRoS supeRsticióNs e tRadiTionS


Os alumnos de Inglés da ESO fixeron estes fermosos paneis para recompilar unha serie de interesantes tradicións de halloween por toda Europa e de arrepiantes supersticións!