domingo, 17 de mayo de 2020

díA daS leTraS gaLegaS 1

Este ano o Día das Letras galegas tivo que pospoñerse debido ao confinamento por mor do estado de alarma.
Porén moitos dos profes do noso cole quixeron celebrar este día dende a distancia cunha serie de actividades moi chulas para todos os alumnos: un autodefinido, un crucigrama, un xogo interactivo, unha exposición virtual, un quebracabezas de emojis de whatsapp... e ata deseño 3D!
A profe maría de Galego propuso "rechear con cores" un fermoso debuxo de Rosalía de Castro xogando co tipo de palabras... Aquí tendes os resultados:



A Asesoría de Bibliotecas recolleu unha chea de ideas e propostas para festexar este día... BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!!

viernes, 8 de mayo de 2020

pRiMeiRos deSeñoS 3D dos RapAceS da ESO

Os alumnos da ESO comezaron a facer deseños 3D para imprimir cando voltemos ao cole!
A primeira tarefa foi a de deseñar uns chaveiros personalizados...
Despois teremos que procesalos no Slic3r e probar a imprimilos aproveitando todos os novos filamentos que mercamos!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

lecTuRa coNxunTa

A pesares da situación que estamos a vivir, quixemos facer coma todos os anos unha lectura conxunta para celebrar o Día do Libro.
Aquí tedes algunhas das fotos tan bonitiñas que nos enviaron as familias... moitísimas grazas por participar!!!
Pronto publicaremos tamén uns vídeos... estade atentos!

nUeVo viDeoPoeMa de 3º esO

Alejandra y Lorena también crearon su propio videopoema con el tema de la cuarentena para la clase de Lengua Castellana del profe Santi.
La verdad es que les quedó chulísimo y consiguieron combinar muy bien las imágenes con las palabras...
Bien hecho chicas!!!

viernes, 24 de abril de 2020

pRemiO cluBs de lecTuRa 2020


Co gallo da celebración do Día do Libro, a escritora Andrea Maceiras ven de recibir o Premio dos Clubs de Lectura 2020, que se concede anualmente ao autor galego máis lido polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura da Consellería de Educación no curso anterior (2018/2019).

NORABOA!!!
Esta marabillosa escritora xa visitou o noso centro e ademais temos moitos dos seus libros na nosa biblio... están á vosa disposición para cando voltemos!


miércoles, 22 de abril de 2020

doN quiJoTe

Las maravillosas alumnas de 1º de la ESO, Katy y Bianca, también quisieron unirse a la celebración del Día del Libro 2020.
Basándose en la famosa "Aventura de los Molinos de Viento" de Don Quijote, grabaron este vídeo tan chulo para la clase de Lengua Castellana del profe Santi.
La verdad es que su imaginación está a la altura del reto...
Enhorabuena chicas!!!

viDeopoEmA 3º EsO

Lucía Méndez, Lucía Freire e Aroa, de 3º da ESO, gravaron este videopoema para unha tarefa proposta polo profe Santi do Departamento de Lengua Castellana co gallo da celebración do Día do Libro 2020.
Nel, ademais de contarnos cómo están a pasar esta rara época de confinamento e illamento social, nos dan esperanza para crer que todo isto está a piques de rematar!
Esperamos que vos encante como a nós:
A idea xurxiu dunha reportaxe de rtve, chamada "Diario de un confinamiento", aquí os deixamos a ligazón por si queredes botarlle unha ollada!!

martes, 21 de abril de 2020

día do liBrO 2020


A Asesoría de Bibliotecas Escolares propuxo, para celebrar este Día do Libro tan raro por mor do confinamento, reivindicar un libro ("porque nos acompaña hoxe máis que nunca"), un escritor ("porque nos agasallan con momentos de liberdade absoluta") e unha libraría de proximidade ("porque nos acollen, aconsellan e sorprenden").

No cole puxémonos a iso rapidamente... e aquí están os nosos escaparates!!!


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES SEGUEN "ABERTAS"!!!