sábado, 19 de octubre de 2019

díA de muerTos meXicano. Samaín 2020/1

A Biblioteca está a preparar unha xornada moi colorida para celebrar o Día de Muertos mexicano...
Pronto teredes máis novas!!!



boLetíN nº9


turiSmo SOStible

O Departamento de Inglés da ESO fixo este taboleiro co traballo de investigación para promoción do Turismo Sostible para concienciarnos sobre este tema!

AniMacióN á LecTura

Os profes Vicente e Patricia do 1º Ciclo de E. Primaria fixeron estes pasaportes de lectura para os seus marabillosos nenos!
Esperamos que lean taaaanto coma o curso pasado:



viernes, 11 de octubre de 2019

venCellO eRaSmuS+

Acudimos a unhas xornadas de Vencello Erasmus+ organizado polo C.A.F.I. en Santiago de Compostela para poñernos en contacto con outros centros seleccionados para participar neste programa e aprender moito deles... sempre coa inestimable axuda de Luz Ares.

sábado, 28 de septiembre de 2019

oBradoiRo de reciClaXe I

Os alumnos de Gravado e Estampación de 1º e 2º da ESO comezaron a elaborar papel artesán reciclando papeis vellos como restos de cartulinas, apuntes xa inservibles ou páxinas amarelas pasada de data!
Ésta é a exposición dos marabillosos traballos!


viernes, 27 de septiembre de 2019

noVidaDe: conTa de tWitteR!!!

Acabamos de crear unha conta da Biblio en Twitter!
Pronto comezaremos a publicar nela...


SÍGUENOS!!!!

jueves, 26 de septiembre de 2019

díA euRopeO daS linGuas

Por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo, nomeouse o 26 de Setembro de cada ano o Día Europeo das Linguas. Trátase de potenciar a diversidade lingüística e poñer en valor a herdanza cultural do noso continente.

Dende a nosa Biblioteca quixémonos unir a esta celebración levando a cabo varias actividades propostas polo Consello Europeo ás que podedes acceder nesta ligazón.

A profe de Inglés da ESO propúsolles aos alumnos de 1º facer un taboleiro con palabras doutras linguas europeas:
Tamén faremos un deseño para a camiseta conmemorativa do 2020 que enviaremos para o concurso!

cOnTeneDorEs para reCiclaxE

Os alumnos de Infantil están a aprender os fundamentos básicos do reciclaxe grazas ás súas profes Eva, Flora e Yolanda.
Grazas a debuxos coma éstes están a aprender qué residuos teñen que tirar en cada un!

martes, 24 de septiembre de 2019

raDio raPeirA

Por fin temos un estudio de radio como corresponde!!!
Este verano o equipo directivo respondeu ás nosas súplicas e fixo unhas impresionantes obras...
Só falta poñer algúns mobles e facer un mural que lle dé algo de cor.
Pronto comezaremos de novo a emitir... permanecede atentos!!