miércoles, 19 de diciembre de 2018

boHemiaN rHapsoDy

Toda a ESO disfrutou dunha sesión de cinema en Caldas coa peli "Bohemian Rhapsody" que recrea o inesquecible concerto de Queen no Live Aid de Londres en 1985 e os acontecementos que o rodearon.
Gostounos moitísimo!!! e agora Queen forma parte da nosa banda sonora habitual...

martes, 18 de diciembre de 2018

recOmendaCiónS de lecTura caRa ao naDal

O Departamento de Galego deseñou este tríptico para animar a todos a ler durante estas vacacións e a agasallar con libros en Galego!


viernes, 14 de diciembre de 2018

EXposiCión de liBroS paRa NadaL

Fixemos unha suxestión de lecturas para disfrutar no Nadal e decoramos o taboleiro con algunhas das carátulas de discos navideños máis recoñocibles do s.XX

miércoles, 12 de diciembre de 2018

chRistmaS caRd exChanGe

Este curso participamos nun proxecto eTwinning de deseño e intercambio de postais de Nadal con centros educativos de toda Europa.
As postais recibidas, xunto cos seus sobres, as expuxemos no taboleiro do corredor.

martes, 11 de diciembre de 2018

áRboRe dE naDal

Este curso deseñamos unha árbore de Nadal elaborada coas carátulas dos CDs dos grupos máis coñecidos da música do s.XX.
MOI BO NADAL A TODOS!!!


lunes, 10 de diciembre de 2018

NoRmaS da biBliO paRa oS máiS peQuenos

A profe Patricia de 1º EP fixo estas normas máis sinxelas e vistosas para que os máis pequenos poidan entendelas e cumprilas. As colocamos na caixa da persiana para decorar á vez a Biblio!!!

martes, 27 de noviembre de 2018

xoGandO e apreNdenDo coS esCorNaboTs I

Os raparigos de E. Infantil aprenderon rapidamente e xa saben dirixir aos seus robotiños cara onde eles queiran!
Probaron o xogo das sinais de tráfico e o das rutas por Portas e o fixeron de marabilla!!!
Noraboa tamén ás súas profes!!!

domingo, 25 de noviembre de 2018

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VIII

Os rapaces de 4º da ESO tiveron a idea, xunto coa orientadora Silvia, de facer un vídeo no que saían bailando algunhas das cancións máis coñecidas na actualidade pero qcuxas letras amosan un incríble machismo e/ou estereotipos de xénero evidentes.
Tiveos a idea de contrapoñelas con outras cancións, tamén moi coñecidas, pero que abogan pola igualdade e polo empoderamento da muller.
Aínda que levou un traballo de medo... o resultado foi realmente marabilloso e así opinaron os seus compañeiros da ESO cando o presentaron!


o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VII

A profe María Roma, de Galego, fixo cos alumnos de 1º da ESO un traballo de investigación sobre algunhas das letras de cancións moi famosas analizando os estereotipos de xénero que conteñen.
Os alumnos fixeron a presentación na biblioteca e todos aprendemos moitísimo!

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VI

Os alumnos de 4º da ESO fixeron varios traballos audiovisuais para condear o machismo e a violencia contra a muller e os amosaron aos seus compañeiros que ficaron gratamente sorprendidos pola súa creatividade!