martes, 27 de noviembre de 2018

xoGandO e apreNdenDo coS esCorNaboTs I

Os raparigos de E. Infantil aprenderon rapidamente e xa saben dirixir aos seus robotiños cara onde eles queiran!
Probaron o xogo das sinais de tráfico e o das rutas por Portas e o fixeron de marabilla!!!
Noraboa tamén ás súas profes!!!

domingo, 25 de noviembre de 2018

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VIII

Os rapaces de 4º da ESO tiveron a idea, xunto coa orientadora Silvia, de facer un vídeo no que saían bailando algunhas das cancións máis coñecidas na actualidade pero qcuxas letras amosan un incríble machismo e/ou estereotipos de xénero evidentes.
Tiveos a idea de contrapoñelas con outras cancións, tamén moi coñecidas, pero que abogan pola igualdade e polo empoderamento da muller.
Aínda que levou un traballo de medo... o resultado foi realmente marabilloso e así opinaron os seus compañeiros da ESO cando o presentaron!


o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VII

A profe María Roma, de Galego, fixo cos alumnos de 1º da ESO un traballo de investigación sobre algunhas das letras de cancións moi famosas analizando os estereotipos de xénero que conteñen.
Os alumnos fixeron a presentación na biblioteca e todos aprendemos moitísimo!

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo VI

Os alumnos de 4º da ESO fixeron varios traballos audiovisuais para condear o machismo e a violencia contra a muller e os amosaron aos seus compañeiros que ficaron gratamente sorprendidos pola súa creatividade!

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo V

A profe María de Galego fixo este taboleiro que amosan os estereotipos de xénero máis comúns nas cancións do s.XX, dentro do noso proxecto do Plambe.

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo IV

Os rapaces de 5º e 6º de Primaria coas profes Tania e Patricia tamén quixeron sumarse á condea contra a violencia de xénero cos seus propios paneis!

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo III

Deseñamos estes logos para facer pegatinas e marcapáxinas personalizados contra a violencia de xénero para repartir por toda a escola!

o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo II

Grazas a unha idea que tivo a profe Davinia, colaboramos nun proxecto do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño contra a violencia de xénero.
Fixemos un panel co hashtag #Equaliter para compartrilo en Twitter e os rapaces de 5º e 6º de Primaria deixaron a pegada das súas mans en violeta.
Despois fixemos unha Stopmotion coa montaxe!



Aquí podedes ver o vídeo conxunto cos outros coles participantes:


o cPi contRa a vioLencia de xÉneRo I

Fixemos esta exposición sobre os fondos da biblioteca relacionados coa violencia de xénero.
Acabamos de adquirir o fermosísimo libro CARMEN, ilustrado por Benjamin Lacombe, exemplo archicoñecido de "a matei porque era miña".
Tamén fixemos unha pequena guía de lecturas que publicamos no Boletín Bimensual da Biblioteca:

jueves, 22 de noviembre de 2018

proXecTo biBlioTecaS crEaTivaS





Neste primeiro ano da nosa participación no Programa Bibliotecas Creativas" deseñamos un proxecto de emprego dos Escornabots relacionado coa Educación Viaria...


Preme na imaxe se queres coñecer os seus fundamentos!

Esperamos que vos guste e que aprendades moito!