viernes, 29 de septiembre de 2017

50 aniVersaRio de 100 añOs de soLedaD

En 2017 se cumple el 50 aniversario de la publicación de la gran obra de Gabriel García Márquez "Cien Años de Soledad" y para celebrarlo hicimos esta exposición en el tablón de la Biblioteca:

viernes, 15 de septiembre de 2017

beNvidOs ao cuRso 2017/18

Ese curso o Proxecto da nosa Biblio vai sobre as Viaxes no máis amplo sentido da palabra...
Esperamos que vos guste!!!

lunes, 3 de julio de 2017

gaÑadoRes do ConcUrso

O Equipo de TIC do colexio gañou o concurso autonómico Consumópolis12 e recibiron cadansúa tablet nun pequeno acto na nosa biblioteca!
Noraboa a todos!!!

MatríCula de hOnrA

Raúl Diz o noso marabilloso alumno de 4º da ESO recibiu na biblioteca a súa merecedísima matrícula de honra polo seu brillante expediente en toda a Secundaria!!!
Noraboa!!! 

viernes, 30 de junio de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

aCCión poéTica poRtas

Por fin chegou o sol e os rapaces de 4º de ESO puideron escribir o seu verso no muro do colexio!

A frase "Estamos a NADA de selo TODO" vai moi ben coa súa despedida de hoxe cara a unha nova vida fóra do colexio no que pasaron tantos anos...

DESEXAMOS QUE OS VAIA DE MARABILLA CHICOS!!!!
(e que pasedes de visita algunha vez)



viernes, 2 de junio de 2017

As éPocaS da hiStoriA XIII: os toLoS aNos VinTe


Os rapaces de 1ºESO posaron como verdadeiros gánsters do Chicago dos Anos 20. Tamén nos axudou o profe Jacobo!.
Aquí están as súas simpáticas imaxes:



jueves, 1 de junio de 2017

As éPocaS da hiStoriA XII: as vAngArdAs ArtísticAs

Os rapaces de 1º e 4º de ESO empregaron varios programas de ordenador de software libre coma GIMP ou Libre Office Draw para facer unha homenaxe ás Vangardas Pictóricas que cambiaron a Arte no século XX: Neoplasticismo, Suprematismo, Cubismo, Pop Art, Surrealismo, Abstracción...



As éPocaS da hiStoriA XI: o iMpreSionismo e poStimpreSionismo

Os rapaces de 4º ESO de Plástica realizaron as súas versións dos bocetos de Tolouse-Lautrec para os carteis dos Cabarets parisinos...

domingo, 28 de mayo de 2017

As éPocaS da hiStoriA X: o reNaceMento

Grazas á boa colección de libros de Arte da nosa Biblioteca, os rapaces de Plástica de 4º da ESO puideron facer estas réplicas de páxinas dos famosos tratados de Leonardo da Vinci: envelleceron os papeis con té, fixeron o bosquexo do deseño, o pasaron a tinta ou sanguina (segundo o orixinal) e o remataron coas características anotacións de escritura especular... Quedaron moi fermosos na exposición!