O Equipo de TIC do colexio gañou o concurso autonómico Consumópolis12 e recibiron cadansúa tablet nun pequeno acto na nosa biblioteca!
Noraboa a todos!!!
lunes, 3 de julio de 2017
MatríCula de hOnrA
viernes, 30 de junio de 2017
a reVisTa escOlar 2017
Un ano máis rematamos o curso coa revista escolar Palpuriña 2017!!!
Podedes vela completa na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidomingofontanportas/
jueves, 15 de junio de 2017
aCCión poéTica poRtas
Por fin chegou o sol e os rapaces de 4º de ESO puideron escribir o seu verso no muro do colexio!
A frase "Estamos a NADA de selo TODO" vai moi ben coa súa despedida de hoxe cara a unha nova vida fóra do colexio no que pasaron tantos anos...
DESEXAMOS QUE OS VAIA DE MARABILLA CHICOS!!!!
(e que pasedes de visita algunha vez)
viernes, 2 de junio de 2017
As éPocaS da hiStoriA XIII: os toLoS aNos VinTe
Os rapaces de 1ºESO posaron como verdadeiros gánsters do Chicago dos Anos 20. Tamén nos axudou o profe Jacobo!.
Aquí están as súas simpáticas imaxes:
jueves, 1 de junio de 2017
As éPocaS da hiStoriA XII: as vAngArdAs ArtísticAs
Os rapaces de 1º e 4º de ESO empregaron varios programas de ordenador de software libre coma GIMP ou Libre Office Draw para facer unha homenaxe ás Vangardas Pictóricas que cambiaron a Arte no século XX: Neoplasticismo, Suprematismo, Cubismo, Pop Art, Surrealismo, Abstracción...
As éPocaS da hiStoriA XI: o iMpreSionismo e poStimpreSionismo
Os rapaces de 4º ESO de Plástica realizaron as súas versións dos bocetos de Tolouse-Lautrec para os carteis dos Cabarets parisinos...
domingo, 28 de mayo de 2017
As éPocaS da hiStoriA X: o reNaceMento
Grazas á boa colección de libros de Arte da nosa Biblioteca, os rapaces de Plástica de 4º da ESO puideron facer estas réplicas de páxinas dos famosos tratados de Leonardo da Vinci: envelleceron os papeis con té, fixeron o bosquexo do deseño, o pasaron a tinta ou sanguina (segundo o orixinal) e o remataron coas características anotacións de escritura especular... Quedaron moi fermosos na exposición!
domingo, 21 de mayo de 2017
As éPocaS da hiStoriA IX: o iSlaM
A Arte Islámica prohibe a representación de seres humanos, o que promoveu o desenvolvemento do Debuxo Xeométrico, especialmente nos seus mosaicos.
Os alumnos de EPV de 4º da ESO fixeron a súa versión dalgúns dos que decoran as paredes das mesquitas máis fermosas:
Ademais moitos dos alumnos da ESO quixeron facerse as tradicionais tatuaxes de henna coa receta bereber!.
miércoles, 17 de mayo de 2017
díA daS leTrAs gaLegAs
Para conmemorar esta data fixemos un taboleiro coas imaxes dalgúns dos máis ilustres escritores da Literatura Galega:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









